miércoles, 12 de octubre de 2022

Coa Garda Civil no día da Festa Nacional e do día da súa patroa, a Virxe do Pilar

 

Hoxe doce de outubro é a Festa Nacional e a Garda Civil celebrou esta mañá na Comandancia de Ourense o día da súa patroa, a Virxe do Pilar. 

Ás doce o bispo da diocese D. Leonardo Lemos Montanet presidiu na catedral de Santa María unha eucaristía.

E logo responsables policiais, autoridades políticas, militares e do ámbito do poder xudicial asistiron ao acto institucional celebrado no cuartel de Santa Mariña no que se entregaron condecoracións ao mérito e rendeuse homenaxe aos gardas civís falecidos. 

Houbo dúas intervencións, a primeira a do Tenente Coronel e logo a do Subdelegado do Goberno.

Finalizado o acto, tivo lugar un brinde polo Rei de España.