martes, 4 de octubre de 2022

En Galicia e Ourense, medra en setembro o paro rexistrado

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2022.

Galicia:

Medra o paro rexistrado en Galicia no mes de setembro en relación co mes anterior en 2.197 persoas, un  1,55 %. 

O número de parados queda en 144.109

Deles  59.078 son homes e 85.031 mulleres, 138.765 son maiores de 25 anos e 5.344menores.

Por sectores, 4.776 son da agricultura, 15.048 da industria, 9.945 da construción, 102.974 dos servizos e 11.366 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 8.945 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 5,84 %. 

Ourense:

Medra o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 45 persoas, un  0,27 %, una porcentaxe inferior ao de España (0,60 %)

O número de parados queda en 16.808 deles 6.862 son homes e 9.946 mulleres, 16.160 son maiores de 25 anos e 648 menores.

Por sectores, 795 son da agricultura, 1.813 da industria, 1.150 da construción, 11.556  dos servizos e 1.494 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 799 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 4,54 %.