Como teño relatado nunha entrada deste Blog, o pasado 16 de setembro tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela, o primeiro da Variante Norte de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 Ourense-Lugo
Un acto ao que
lamentablemente non puiden asistir, como consecuencia do comportamento sectario
da Secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, e do delegado do
Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, que só invitaron a altos cargos
socialistas excluíndo aos do Partido Popular e das demais forzas políticas. Un feito lamentable.
Espero que as obras avancen de forma efectiva, pois é moito o interese que teño en que esta obra sexa pronto unha realidade, como veño acreditando polas decenas de iniciativas que na miña vida parlamentaria fixen para impulsalas.
E que me propoño seguir
formulando mentres sexa parlamentario, para controlar esta obra e interesarme
polo tramo seguinte entre Quintela e A Casilla, que xa tiña que estar licitado.
O trazado ten a súa orixe na ligazón de Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), coa N-120 na súa p.k. 573,800, ao oeste da localidade, onde existen actualmente dúas calzadas separadas, baixo o paso superior do ramal da estrada N-120 que dá acceso a Ourense a través da calzada unidireccional da N-120.
As dúas novas calzadas do variante Norte de Ourense, conectan coas existentes da citada ligazón de maneira que se dá continuidade á N-120 cara á N-525 e viceversa. Tras un percorrido de 1,733 km, o tramo finaliza na ligazón de Quintela onde conecta coa N-120 á altura do núcleo de Tarascón (p.k. 572,000).
Ao longo do trazado
deséñanse 2 ligazóns (a ligazón de Eirasvedras e a ligazón de Quintela), un
viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de
Quintela), unha ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o
tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o
cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.