Para o conxunto
estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.180.287, rexistrando un incremento
do 0,15% con respecto ao pasado mes de agosto. Na comparativa interanual (setembro
de 2022 con setembro de 2021) obsérvase un aumento de 15.118 afiliacións no
total do sistema en Galicia (1,46%) e un aumento do 3,32% (649.176 afiliacións)
no conxunto estatal.
Por comunidades
autónomas e con respecto ao mes de agosto de 2022, rexístrase unha baixada das
afiliacións en dez comunidades autónomas, destacando Illes Balears (-2,48%),
mentres que en sete comunidades autónomas suben as afiliacións, especialmente
en La Rioja (2,76%).
En canto ás taxas con
respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as
comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears e
Canarias con taxas superiores ao 5,00%
Datos de afiliación por
provincias
O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,30%, o que supón 10.172 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (1,06%), Ourense (0,49%) e, por último, Lugo (0,45%). No que respecta ás afiliacións medias deste mes de setembro con respecto ás do mes de agosto, rexistrouse en Galicia un descenso do 0,57%. Lugo presenta o maior descenso cunha taxa de variación intermensual do -0,99%, seguida de Pontevedra (-0,71%), A Coruña (-0,44%) e Ourense (-0,09%).
Información segundo
réxime de afiliación
As afiliacións ao
réxime xeral, que representan o 78,35% das afiliacións galegas en setembro de
2022, diminuíu un 0,64% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual
obsérvase un aumento do 2,17%. En España estas taxas foron do 0,17% con
respecto a agosto de 2022 e do 3,95% en relación ao mes de setembro de 2021.
Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao
réxime xeral (72,83%).
Nas afiliacións ao
réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan unha taxa de
variación interanual negativa; Lugo (-2,00%), Ourense (-1,53%), A Coruña
(-1,00%) e Pontevedra (-0,83%). A media da comunidade galega sitúase entón no
-1,16%. Para este réxime e con respecto ao mes de agosto de 2022, baixan as
catro provincias galegas; Pontevedra (-0,34%), Lugo (-0,33%), A Coruña (-0,27%)
e Ourense (-0,22%), resultando para o conxunto de Galicia unha taxa
intermensual do -0,30%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha
subida interanual do 0,30% e unha subida intermensual do 0,07%.
No que respecta ao
réxime especial do mar, con respecto a setembro de 2021, suben Lugo (1,35%),
Pontevedra (0,24%) e A Coruña (0,00%). A taxa galega acada entón o 0,26%,
inferior á de España (2,48%). Con respecto a agosto de 2022, A Coruña e Lugo
presentan un aumento do 1,35% e 1,13% respectivamente, mentres que Pontevedra
presenta un descenso do 1,13%. A taxa galega amosa un descenso do 0,27% con respecto
a agosto de 2022. A taxa nacional é do -3,14%.