Finalizado o debate o PP de G difundiu esta nota de prensa:
“Celso Delgado esixe unha partida nos Orzamentos Xerais para a reconstrución do viaduto da A-6 e reclama ao Goberno central explicacións sobre as causas do derrubamento e sobre os prazos de execución”
• O deputado do PPdeG na Cámara Baixa solicita “axilidade e dilixencia” na tramitación dos fondos europeos e pide máis medios humanos para traballar na “supervisión e preparación” dos proxectos, algo que evitaría “frustrar as expectativas das empresas e dos particulares”.
• Cualifica os Presupostos Xerais do Estado para 2023 como uns “orzamentos que non son cribles e que están moi falseados” —como ten acreditado o Banco de España e a AIReF—, pois parten dun crecemento da economía “que non se vai dar” e conteñen proxectos que non se poderán executar, “como desgraciadamente xa aconteceu coas Contas de 2022”.
• Sobre o investimento en infraestruturas de estradas, sinala un “importante déficit de execución no 2022”, precisando que os presupostos para a creación de estrada nova están “practicamente estancados”.
• Critica a “defectuosa” xestión da Dirección General de Carreteras expresada en “dilacións inxustificadas, enormes demoras ou procura de escusas para xustificar a supresión de actuacións”, especialmente das autovías pendentes xa planificadas e comprometidas “ata a saciedade”.
• Amosa a súa preocupación polo “interese” do Ministerio en substituír as autovías programadas desde hai anos por estradas do formato 2+1 e carrís adicionais de adiantamento.
• Advirte da pobre execución das obras públicas en España, especialmente aquelas que reciben financiamento con cargo ao mecanismo de recuperación e resiliencia, e insta ao MITMA a axilizalas. Tamén denuncia que no orzamento da Dirección General de Carreteras contémplanse 116 actuacións que “xa de antemán se sabe que non serán executadas pero que se manteñen só por gardar as aparencias coa pírrica suma de 500.000 euros”