Onte cumpríronse cen anos da apertura en Ourense da primeira igrexa protestante.
Foron dous misioneiros protestantes ingleses Edmund Woodford e Arhut C. Chapell, os que chegaron a esta cidade dedicándose á venda de biblias, evanxeos e outras publicacións de temática cristiá. En agosto de 1922, tras varios intentos errados lograron alugar un local para poder celebrar cultos e tras realizar os arranxos pertinentes, abrírona o 1 de outubro de 1922.
Con tal motivo a Igrexa Evanxélica Bonhome organizou onte un roteiro, guiado por José Luis Fernández Carnicero, e no que se foi narrando a historia da Comuinidad na cidade no século de vida.
Tiven ocasión de saudar a José Luis Fernández Díaz-Carniceiro, escritor, historiador e músico, que documentou a historia da comunidade protestante en Ourense e a súa provincia e que coordinou os actos de celebración desta efeméride.
Tamén a Jaime Fernández Garrido, director do programa evanxélico da TVG “Nacer de novo” e ao lexicógrafo e humanista Isaac Alonso Estraviz, que recentemente foi galardoado coa medalla de ouro da provincia de Ourense pola súa traxectoria comprometida coa defensa do idioma galego e da cultura galega.