miércoles, 16 de noviembre de 2022

O PP recrimina ao Goberno central que nos Presupostos de 2023 “esquecera por completo” a reconstrución do viaduto do Castro na A-6

 

Esta tarde o deputado Celso Delgado e vicevoceiro de infraestruturas do GPP acompañado polos tamén deputados populares Jaime Olano, de Lugo e Carmen González, de León, interveu esta tarde na Comisión de Presupostos do Congreso con ocasión dos debates das diferentes seccións dos PGE para 2023.

Delgado na sua intervención - no contexto da sección de “Investimentos Reais” dixo:

“Onte mesmo recibimos información do Ministerio de Transportes sobre as causas do derrubamento en xuño do viaduto do Castro na autovía A-6 entre Lugo e León.

As informacións dadas foron insatisfactorias en relación coas causas do colapso, que apuntan a unha suma de fallos, de inspección e de execución, que sorprendentemente non foron detectados polas inspeccións nin durante as obras de emerxencia nas que se investiron polo MITMA 26 M€. 

Estamos moi preocupados por descoñecer o Plan de reconstrución cun cronograma concreto e os investimentos previstos para a reconstrución completa da A-6. Só se nos adiantou a apertura dun dos viadutos a finais de 2023 e do outro a finais de 2024.

O Grupo Parlamentario Popular ten rexistrada unha emenda aos PGE de 2023  por importe de 25.000.000 para á reconstrución deste viaduto vital para Galicia e Castela León. Pedimos ao Grupo Socialista e ao Confederal de Unidas-Podemos que voten a favor xa que eles no seu proxecto orzamentario esqueceron por completo esta necesaria actuación.


Tamén aproveitou a intervención para mostrar a súa preocupación polo “baixo nivel de execución dos fondos europeos” e poñer en valor as emendas rexistradas polos populares sobre cuestións “fundamentais” para Galicia como o impulso do Corredor Atlántico, as melloras na estación de tren de Ourense ou a conexión por alta velocidade entre Vigo e Porto."