Para o conxunto
estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.283.786, rexistrando un incremento
do 0,51% con respecto ao pasado mes de setembro.
Na comparativa
interanual (outubro de 2022 con outubro de 2021) obsérvase un aumento de 16.050
afiliacións no total do sistema en Galicia (1,55%) e un aumento do 3,01%
(593.197 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades
autónomas e con respecto ao mes de setembro de 2022, rexístrase unha baixada
das afiliacións en seis comunidades autónomas, destacando Illes Balears
(-5,69%), mentres que en once comunidades autónomas suben as afiliacións,
especialmente na Comunitat Valenciana (1,94%).
En canto ás taxas con
respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as
comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears e
Canarias con taxas superiores ao 5,00%.
Datos de afiliacións
por provincias
O número medio de
afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano
pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a
maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,36%, o que
supón 10.438 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (1,08%), Ourense (0,94%)
e, por último, Lugo (0,58%).
No que respecta ás
afiliacións medias deste mes de outubro con respecto ás do mes de setembro,
rexistrouse en Galicia un descenso do 0,06%. Pontevedra presenta o maior
descenso cunha taxa de variación intermensual do -0,54%, seguida de Lugo
(-0,20%) e Ourense (-0,17%). Pola contra, A Coruña presenta unha taxa de
variación intermensual positiva (0,39%)
Información segundo réxime de afiliación
As afiliacións ao
réxime xeral, que representan o 78,33% das afiliacións galegas en outubro de
2022, diminuíu un 0,09% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual
obsérvase un aumento do 2,29%. En España estas taxas foron do 0,61% con
respecto a setembro de 2022 e do 3,58% en relación ao mes de outubro de 2021.
Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao
réxime xeral (72,83%).
Nas afiliacións ao
réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan unha taxa de
variación interanual negativa; Lugo (-1,96%), Ourense (-1,46%), A Coruña
(-1,04%) e Pontevedra (-0,75%). A media da comunidade galega sitúase entón no
-1,13%. Para este réxime e con respecto ao mes de setembro de 2022, baixan as
catro provincias galegas; Ourense (-0,18%), Pontevedra (-0,15%), Lugo (-0,09%)
e A Coruña (-0,01%), resultando para o conxunto de Galicia unha taxa
intermensual do -0,09%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha
subida interanual do 0,24% e unha subida intermensual do 0,07%.
No que respecta ao
réxime especial do mar, con respecto a outubro de 2021, suben A Coruña (0,47%)
e Pontevedra (0,28%), mentres que en Lugo baixan (-0,73%). A taxa galega acada
entón o 0,26%, inferior á de España (1,66%). Con respecto a setembro de 2022, A
Coruña presenta un aumento do 6,37%, mentres que Lugo e Pontevedra presenta un
descenso do 2,51% e 0,18% respectivamente. A taxa galega amosa un incremento do
1,48% con respecto a setembro de 2022. A taxa nacional é do -2,70%.