Galicia:
Baixa o paro
rexistrado en Galicia no mes de outubro en relación co mes anterior en 389
persoas, un - 0,27 %.
O número de
parados queda en 143.720, é
a cifra de paro máis baixa de
toda a serie histórica (1996) nun mes de outubro
Deles 59.512
son homes e 84.208 mulleres, 137.916 son maiores de 25 anos e 5.804 menores.
Por sectores,
4.751 son da agricultura, 15.016 da industria, 9.871 da construción, 102.143 dos
servizos e 11.939 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 10.325 persoas sairon
en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,70
%.
Baixa o paro na evolución anual: en todos os sectores de actividade, nas
catro provincias e nas sete grandes cidades.
Comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades
para atopar un emprego: menores de 30 anos (-12,59%), parados de longa duración
(-11,70%) e mulleres (-6,84%).
Ourense:
Medra o paro
rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 32 persoas,
un 0,19 %,
O número de
parados queda en 16.840 deles 7.036 son homes e 9.804 mulleres, 16.087 son
maiores de 25 anos e 753 menores.
Por sectores, 853
son da agricultura, 1.823 da industria, 1.142 da construción, 11.470 dos
servizos e 1.552 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 733 persoas sairon en
Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 4,17 %.