Un acto ao que non tiveron a deferencia de convidarme así que tiven que recorrer ás informacións dos medios de comunicación para coñecer as declaracións efectuadas pola secretaria de Estado aos medios de comunicación, ao finalizar as explicacións das características técnicas do túnel, por parte do director xeral de Adif, Juan Pablo Villanueva.
Preguntada por cando serían licitadas as obras pendentes da estación intermodal de alta velocidade de Ourense respondeu, aludindo á información facilitada por ADIF, que: "acabouse o proxecto da estación e unha vez estea a supervisión aprobada pasará á fase de contratación, esperamos que cando a pase licítese a obra, non pasará máis aló do primeiro trimestre do 2023"
A resposta evidencia o inxustificable cuarto incumprimento dos prazos comprometidos, e a falta de respecto á nosa cidade e
aos miles de ususarios da estación de Ourense.
Recordo unha vez máis que
ADIF-AV incumpriu ata agora por tres veces os seus compromisos:
1. No DOUE do 7 de marzo de 2019 publicáronse tres anuncios indicativos de Adif Alta Velocidade concernente a tres actuacións referidas á estación de alta velocidade de Ourense: Losa 1, cubrimiento da praia de vías. Estrutura e urbanización. Losa 2: cubrimiento adicional da praia de vías. Estrutura e urbanización e Viario rodado sobre a praia de vías. Nos tres casos estimábase como data de publicación do anuncio de licitación o 1 de xullo de 2019. Este prazo foi flagrantemente incumprido.
2. No DOUE do 2 de abril de 2021 Adif Alta Velocidade anunciou a licitación dos mesmos proxectos antes de finalizar o mes de decembro de 2021. Outra vez houbo un incumprimento flagrante do prazo.
3. Daquela a ministra de Transportes e a presidenta de ADIF-AV manifestaron publicamente que sería no primeiro semestre de 2022 cando se licitarían as obras. Terminou xuño e nada se licitou. Outro descarado incumprimento.
Cando se pediron explicacións por estes incumprimentos díxose desde o Mitma que sen ningunha dúbida, antes de finalizar 2022 as obras serían licitadas.
Así nunha visita a Ourense o 7 de setembro de 2022, o delegado do goberno José Miñones declarou “xa nada nos frea”, en referencia á licitación destas obras. Pero agora quedou acreditado que era outra mentira e que novamente se incumpren os compromisos.
O certo é que todas as
carencias da estación de Ourense terían que estar en vía de solución se ADIF-AV
licitase en prazo as moi necesarias obras pendentes na estación intermodal de
alta velocidade e que están recollidas no estudo informativo aprobado e
comprometidas en firme no Convenio asinado o 22 de xuño de 2016 entre o
Ministerio de Fomento, Adif, Xunta e Concello de Ourense.
. Actuacións na praza de acceso que se expón como unha prolongación natural do vestíbulo principal do edificio de viaxeiros, xerando tres bandas paralelas á Avenida de Marín.
. Actuación como elemento integrador no edificio de viaxeiros dunha solución de cubertas solapadas que recollen todos os novos espazos e intervencións baixo un único elemento.
. Execución dun cubrimiento parcial da praia de vías para reducir os niveis de ruído e vibracións nos edificios próximos derivado do incremento dos tráficos ferroviarios. Esta zona comprende desde a Avenida de Santiago ata aproximadamente a Rúa Ático Noguerol.
Resulta paradoxal que a cidade galega que recibiu primeiro a alta velocidade, en decembro de 2021 sexa a última en ter unha estación intermodal de alta velocidade modernizada e reformada. Vigo ten a súa estación concluída, en Santiago están a executar as obras e na Coruña licitáronse as obras.
É inxustificable a marxinación do Goberno de Pedro Sánchez a Ourense.
IMAXES QUE NON EXISTIRÍAN SE AS OBRAS ESTIVESEN EXECUTADAS
Sen marquesiñas para os taxistas e ususrios |
Andenes sen protección ante a choiva |
Colas por fora do edificio e viaxeiros soportando inclemencias |
Escaleiras pronunciadas |