miércoles, 21 de diciembre de 2022

Lembrando a primeira viaxe comercial en AVE entre Ourense y Madrid, tal e como hoxe hai un ano

21-12-2021
Hoxe 21 de decembro cúmprese un ano da primeira viaxe comercial que un tren AVE realizou entre Ourense e Madrid.

Lémbroo con moito agarimo pola gran ilusión que me fixo o ser un dos viaxeiros dese tren.


Así o relataba hai doce meses neste blog:


“Esta mañá cheguei á estación de Ourense, que está apenas a 10 minutos andando da miña casa, ás 5:55. No vestíbulo da estación aínda en penumbra había algúns pasaxeiros do que era o primeiro tren que facía o servizo comercial AVE con Madrid.

Moitos xornalistas, e gráficos con cámaras esperaban tamén a apertura do embarque nesta histórica viaxe.


Comezou o control de equipaxes e accedemos a plataforma onde nos esperaba o tren  S-112, saudei a persoal de Renfe que me informaron que viaxariamos 160 persoas. Tamén puiden sacar co móbil unhas fotografías de recordo.


Saímos con puntualidade, ás 6.30 horas e poucos minutos despois xa estabamos en Taboadela e desde aí, pola nova plataforma o tren comezou a aumentar sensiblemente a velocidade, superando o 200 Km. por hora e incrementándoa a medida que o tren avanzaba por unha sucesión continua de túneles e viadutos. 


Xa preto de Zamora chegamos á mítica velocidade de 300 km/hora, e despois de deternos na capital castelá, renovamos a marcha e chegamos ás 8:43 a  Chamartín, é dicir con dous minutos de antelación, polo que felicitei ao maquinista.

En definitiva foi unha viaxe magnífica.”


http://www.celsodelgado.gal/2021/12/blog-post.html


Nestes doce meses convertinme nun usuario recorrente desta liña utilizando os trens AVE e Alvia para ir e volver de Madrid para traballar no Congreso.


Sen ningunha dúbida o balance deste ano é extraordinariamente positivo polos crecementos exponenciais de usuarios que viaxaron nestes trens. Quedan moito por mellorar pero deseo tocará falar no tras entradas deste blog.