Para
o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.283.631, cun descenso
de 155 afiliacións con respecto ao mes de outubro.
Na
comparativa interanual (novembro de 2022 con novembro de 2021) obsérvase un
aumento de 12.110 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,17%) e un
aumento do 2,69% (531.273 afiliacións) no conxunto estatal.
Por
comunidades autónomas e con respecto ao mes de outubro de 2022, rexístrase unha
baixada das afiliacións en oito comunidades autónomas, destacando Illes Balears
(-14,41%), mentres que en nove comunidades autónomas suben as afiliacións,
especialmente en Murcia (1,17%).
En
canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas
positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados
prodúcense en Illes Balears e Canarias con taxas superiores ao 4,50%.
Datos
de afiliacións por provincias
O
número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo
mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que
presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do
1,85%, o que supón 8.234 afiliacións máis, seguida de Ourense (0,91%),
Pontevedra (0,81%), e, por último, Lugo (0%).
No
que respecta ás afiliacións medias deste mes de novembro con respecto ás do mes
de outubro, rexistrouse en Galicia un descenso do 0,10%. Lugo presenta o maior
descenso cunha taxa de variación intermensual do -0,87%, seguido de Pontevedra
(-0,06%). Pola contra, A Ourense presenta unha taxa de variación intermensual
positiva (0,18%) e A Coruña mantense sen apenas cambios
Información
segundo réxime de afiliación
As
afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,35% das afiliacións galegas
en novembro de 2022, diminuíu un 0,08% con respecto ao mes anterior. Na
comparativa interanual obsérvase un aumento do 1,83%. En España estas taxas
foron do 0,02% con respecto a outubro de 2022 e do 3,22% en relación ao mes de
novembro de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor
de afiliacións ao réxime xeral (72,69%).
Nas
afiliacións ao réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan
unha taxa de variación interanual negativa; Lugo (-2,11%), Ourense (-1,69%), A
Coruña (-1,10%) e Pontevedra (-0,81%). A media da comunidade galega sitúase
entón no -1,23%. Para este réxime e con respecto ao mes de outubro de 2022,
baixan as catro provincias galegas; Lugo (- 0,31%), Ourense (-0,21%), A Coruña
(-0,13%) e Pontevedra (-0,10%), resultando para o conxunto de Galicia unha taxa
intermensual do -0,16%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha
subida interanual do 0,12% e unha baixada intermensual do 0,08%.
No
que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a novembro de 2021, baixan
todas as provincias galegas: Lugo (-2,62%), A Coruña (-0,49%) e Pontevedra
(-0,09%). A taxa galega acada entón o -0,40%, inferior á de España (0,09%). Con
respecto a outubro de 2022, todas as provincias presentan un descenso: Lugo do
1,14%, A Coruña do 0,98% e Pontevedra do 0,12%. A taxa galega amosa unha
diminución do 0,45% con respecto a outubro de 2022. A taxa nacional é do -1,90%