jueves, 15 de diciembre de 2022

En Galicia, o IPC en novembro modérase ao 7,5%, pero os alimentos crecen ao 15 %

 

O IPC correspondente ao mes de novembro de 2022 rexistrou en Galicia un incremento do 0,1% con respecto ao mes anterior, taxa dúas décimas superior á rexistrada no conxunto do Estado (-0,1%). Con respecto a novembro de 2021 os prezos rexistraron un aumento do 7,5%, sete décimas máis que no conxunto do Estado (6,8%).

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi dun 6,9%, dúas décimas superior á rexistrada en outubro (6,7%) e seis décimas superior á rexistrada a nivel estatal (6,3%).


En termos de taxa interanual, son os grupos de "Alimentos e bebidas non alcohólicas" (15,0%) e "Transporte" (9,1%) os que repercuten máis positivamente na taxa (cinco puntos entre os dous grupos). 


Galicia ten un IPC algo máis elevado que a media, que é do 6,8%, debido a que:


- A súa dispersión, única no conxunto de España, obriga a un uso máis intensivo do transporte particular, e a distribución –especialmente de alimentos- ten que recorrer maiores distancias.


- Os sectores que máis peso teñen no IPC en Galicia, como son a luz e o transporte, son os que máis se teñen encarecido