Galicia:
Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de novembro
en relación co mes anterior en 062 persoas, un - 0,87 %.
O número de parados queda en 142.758, é a cifra de paro máis
baixa de toda a serie histórica (1996) nun mes de novembro.
Cae por segunda vez o paro en Galicia nun mes de novembro de
toda a serie histórica (1996) na comparativa mensual.
Deles 59.459
son homes e 83.299 mulleres, 136.795 son maiores de 25 anos e 5.963 menores.
Por sectores, 4.774 son da agricultura, 14.789 da
industria, 9.924 da construción, 101.278 dos servizos e 11.993 do
colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do
ano pasado, 9.989 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 6,54 %.
Baixa
o paro na evolución anual en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades.
Comportamento favorable dos colectivos con máis
dificultades para atopar un emprego: menores de 30 anos (-11,16%), parados de
longa duración (-10,05%) e mulleres (-6,70%).
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior
en 394 persoas, un -2,34 %,
O número de parados queda en 16.446 deles 6.977 son
homes e 9.469 mulleres, 15.704 son maiores de 25 anos e 742 menores.
Por sectores, 855 son da agricultura, 1.772 da industria,
1.121 da construción, 11.163 dos servizos e 1.535 do colectivo sen
emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do
ano pasado, 975 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 5,05 %.