miércoles, 21 de diciembre de 2022

Galicia é a comunidade autónoma cun maior nivel de uso e de coñecemento da súa lingua propia (83,1%)


Os datos do INE que vimos onte de coñecemos referidos a  "Enquisa de Características Esenciais da Poboación e Vivendas (ECEPOV)"Ano 2021. Datos definitivos, confirman unha Galicia bilingüe na que unha ampla maioría da poboación é quen de entender, falar, ler e escribir en galego. Isto é algo que xa vén facendo o Instituto Galego de Estatística.


Somos un exemplo de convivencia lingüística. Temos dous idiomas, coñecemos os dous e hai unha cordialidade lingüística que imos seguir mantendo.


Cómpre lembrar:


- Que Galicia é a comunidade autónoma cun maior nivel de uso e de coñecemento da súa lingua propia (83,1%), seguida de Cataluña (75%), Illes Balears (59,5%), Comunitat Valenciana (51,6%) y País Vasco (44,1%)

 

- Que segundo os últimos datos do IGE, o uso do galego sigue sendo maioritario (51,8%) e mesmo medra.


Garantido o coñecemento, o uso é responsabilidade individual de cada persoa. As administracións deben garantir que calquera poida usar o galego en calquera circunstancia: nas novas tecnoloxías, na mocidade, no traballo, na familia, no deporte ou entre os neofalantes.


Por iso, entre as prioridades da Xunta están o Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade e, sobre todo, o Proxecto Nós para que o galego estea presente nos novos desenvolvemento tecnolóxicos de voz. Aí é onde nestes momentos se xoga o futuro da nosa lingua.