martes, 3 de enero de 2023

Ligero aumento en diciembre de la afiliación a la Seguridad en el conjunto estatal y descenso en Galicia y Ourense

 

Informa o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións que o número de afiliados á Seguridade Social que decembro terminou cun total de afiliados á Seguridade Social de 20.296.271 no conxunto do Estado.
O aumento respecto a novembro foi de 12.640 persoas (0,06%) Ao longo do ano 2022, o incremento da afiliación foi de 471.360 afiliados (2,38 %).
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de novembro de 2022, rexístrase unha baixada das afiliacións en dez comunidades autónomas, destacando As Illes Balears (-4,06%), mentres que en sete comunidades autónomas soben as afiliacións, especialmente en Andalucía(0,76%).

En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias, Illes Balears e Madrid con taxas superiores ao 3,50%.

VALORACIÓN DO PP SOBRE A AFILIACIÓN Á SS:
• No mes de decembro o número de cotizantes medios ascende a 20.283.631 persoas. • Aínda que no último ano creáronse 471.360 empregos, continua a tendencia de retardación na creación de emprego, desde o 5,06% de abril ao 2,38% actual. A baixada é constante, mes a mes. • Desde que goberna Sánchez, o réxime agrario perdeu -79.147 empregos e o de empregados do fogar -43.468 empregos; esta é unha razón para non subir o SMI sen compasalo á situación económica real e avogar, no seu lugar, por unha redución de cotizacións sociais. • O mes de decembro contamos con 3.328.403 traballadores autónomos, 943 menos que o mes pasado. O último ano, só se sumaron 5 autónomos ao sistema. O peor ano desde o 2012. • No último mes perdéronse 3.361 empresas segundo os rexistros da Seguridade Social. Desde que goberna Sánchez desapareceron 79.097 empresas cotizantes


Galicia 


Segundo un informe do IGE o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse no mes de decembro do ano 2022 en1.042.263 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de decembro de 2021 de -5.345 afiliacións (-0,51 %).

Na comparativa interanual obsérvase un aumento de 9.479 afiliacións no total do sistema (0,92%).

A afiliación ao Réxime Xeral terminou decembro con 816.112 afiliados medios, ao Réxime de Autónomos con 206.225, e do mar con 19.925 afiliados medios. 

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas agás en Lugo. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,47%, o que supón 6.536 afiliacións máis, seguida de Ourense (0,70%) e Pontevedra (0,68%). Pola contra, Lugo presenta unha taxa de variación interanual negativa (-0,19%). 

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de decembro con respecto ás do mes de novembro, rexistrouse en Galicia un descenso do 0,51%. A Coruña presenta o maior descenso cunha taxa de variación intermensual do -0,58%, seguida de Lugo (-0,51%), Pontevedra (-0,46%) e Ourense (-0,38%).

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,30% das afiliacións galegas en decembro de 2022, diminuíu un 0,57% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 1,52%. En España estas taxas foron do 0,09% con respecto a novembro de 2022 e do 2,87% en relación ao mes de decembro de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,64%). 

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan unha taxa de variación interanual negativa; Lugo (-2,11%), Ourense (-1,83%), A Coruña (-1,18%) e Pontevedra (-0,97%). A media da comunidade galega sitúase entón no -1,33%. Para este réxime e con respecto ao mes de novembro de 2022, baixan as catro provincias galegas; Lugo (-0,27%), Ourense (-0,19%), Pontevedra (-0,10%) e A Coruña (-0,10%), resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do -0,13%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 0,00% e unha baixada intermensual do 0,03%. 

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a decembro de 2021, suben A Coruña (0,38%) e Pontevedra (0,20%), mentres que en Lugo baixan (-0,45%). A taxa galega acada entón o 0,20%, inferior á de España (0,68%). Con respecto a novembro de 2022, A Coruña presenta unha descenso do 3,64, seguida de Pontevedra e Lugo que presentan un descenso do 1,40% e 1,25% respectivamente. A taxa galega amosa un descenso do 2,04% con respecto a novembro de 2022. A taxa nacional é do -2,98%. 

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de decembro en 103.915 ocupados, cifra que supuxo un descenso de -398 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,38 %)

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 723 ocupados (0,70 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou decembro con 81.118 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 22.797 afiliados medios.