O portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, iniciou a súa intervención no Pleno lamentando que “Renfe aínda non restableceu todos os trens e horarios suprimidos ao amparo da pandemia da Covid-19, deixando a diario a centos de galegos sen praza, nunha clara falta de previsión por parte dos responsables do Goberno central”
DATA FACTIBLE, REALISTA E CONCRETA
“Todas as infraestruturas necesarias en Galicia en materia ferroviaria seguen pendentes e sen previsión de execución, como a conexión por AVE con Portugal, o Corredor Atlántico de mercadorías, as estacións intermodais, a variante exterior de Ourense ou o cambio do ancho de vía”, concretou.
Por este motivo, Balseiro dixo que “Galicia necesita que o Goberno de España ofreza unha data factible, realista e concreta sobre a chegada dos trens AVRIL a esta comunidade, ao tempo que concrete exactamente cantos deses trens vai destinar a Galicia”. “Pedimos que sexan as unidades suficientes para garantir un servizo de alta velocidade ferroviaria competitivo entre as cidades galegas e tamén con Madrid”, apuntou.
O portavoz popular agradeceu o voto favorable de BNG e PSdeG á esta iniciativa, pero alertou de que “non fagan como coa suba das peaxes nas autoestradas: votando en Galicia unha cousa e outra en sentido contrario no Congreso, alí onte teñen a responsabilidade de Goberno”. “Non estamos a pedir algo que Galicia non mereza, e nada que as forzas políticas deste Parlamento poidan votar a favor se son coherentes co discurso que mantiveron ata o de agora”, rematou.