O pasado 11 de decembro publiquei unha entrada neste blog que titulei: “Preocupación pola lentitude das obras do primeiro treito da Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras-Quintela”
Dicía entón que as obras do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022. Logo o pasado 16 de setembro tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela coa presenza da ecretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera.
Con data 7 de outubro de 2022 o Goberno contestounos: “As obras do primeiro treito da Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022. Actualmente ese están a efectuar os replanteos topográficos, están a ocuparse leiras e xestionando os distintos servizos afectados”
Esta mañá do día da
Epifanía do Señor, no meu itinerrio correndo vovlvín ao lugar onde a alto cargo do Mitma
estivo en setembro proclamando o inicio formal das obras.
E o que vin foron notorios avances no crecemento da herba, pero nin un só indicio de que alí houbera obra algunha.
Entendo que os inicios das obras non sexan inmediatos desde a formalización do contrato, pero paréceme preocupante que case sete meses despois de que as obras iniciásense- segundo o Mitma –os avances sexan prácticamenteinexistentes. ¿Seguén os traballos topográficos, as ocupacións de leiras, etc..., canto van a demorar estos trámites?
Irei todos os meses a supervisar a execución desta tan necesaria estrada e xa rexistrei sobre o tema varias preguntas parlamentarias no Congreso nos primeiros días deste novo ano 2023. Da resposta que obteña informarei neste blog.