Un pracer escoitar á Orquestra Filarmónica de Viena, dirixida nesta ocasión polo austríaco Franz Welser-Möst e tamén ver as actuacións de ballet e o programa de intervalo entre as dúas partes do concerto, que este ano conmemora o 150 aniversario da Exposición Universal celebrada nesa capital en 1873. Ademais, escoitar como novidade as voces dos Nenos Cantores de Viena.
Felicitar á radiodifusión austríaca (ORF) pola súa magnífica retransmisión a través de Eurovisión.