domingo, 15 de enero de 2023

Vendo os avances das obras da variante exterior ferroviaria de Ourense

 

Visito esta mañá dominical algúns dos puntos onde hai obras da varante ferroviaria exterior a Ourense. Estiven a ver en Taboadela, á altura do cambiador de anchos os traballos de construción das cimentacións dos piares dos viadutos.

Este tramo da Variante Exterior de Ourense discorre polos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense. O trazado dá continuidade á plataforma ferroviaria da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia a partir de Taboadela, con deseño para dobre vía electrificada en ancho estándar (1.435 mm), en ancho de plataforma de 13,60  m e  entreeixo de 4,30 m.

Despois estiven  nunha das bocas de do túnel de  Rante, a que está máis próxima a N-525, Este túnel é  a obra máis importante do tramo. Trátase dun túnel  monotubo para vía dobre, de 3.410  m de lonxitude (o 60,9% do total do tramo) e 85  m2 de sección.