Na comparativa interanual obsérvase un aumento de 8.784 afiliacións no total do sistema (0,86 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 816.112 afiliados medios, ao Réxime de Autónomos con 206.225, e do mar con 19.925 afiliados medios.
O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas agás en Lugo. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 1,35 %, o que supón 5.938 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (0,68%) e Ourense (0,68 %). Pola contra, Lugo presenta unha taxa de variación interanual negativa (-0,25 %).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de xanero con respecto ás do mes de decembro, rexistrouse en Galicia un descenso do 1,11 %. A Coruña presenta o maior descenso cunha taxa de variación intermensual do - 1,21 %, seguida de Pontevedra (-1,09 %) Lugo (-0,95 %), e Ourense (-0,87 %).
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,25 % das afiliacións galegas en xaneiro de 2022, diminuíu un 1,17 % con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 1,48 %. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,59 %).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan unha taxa de variación interanual negativa; Lugo (-2,25 %), Ourense (-2.18 %), A Coruña (-1,31 %) e Pontevedra (-0,99 %). A media da comunidade galega sitúase entón no -1,45%. Para este réxime e con respecto ao mes de novembro de 2022, baixan as catro provincias galegas; Lugo (-0,63 %), Ourense (-0,74 %), Pontevedra (-0,50%) e A Coruña (-0,66 %), resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do -0,13%.
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a xaneiro de 2022, sube Pontevedra (1,22 %), mentres que baixan en Lugo (-2,60 %) e A Coruña (-1,21 %). A taxa galega amosa un descenso do 3,64% con respecto a d3cembro de 2022. A taxa nacional é do -2,85%.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de xaneiro en 103.014 ocupados, cifra que supuxo un descenso de -901 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,87 %)
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 697 ocupados (0,68 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 80.384 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 22.629 afiliados medios.