jueves, 2 de marzo de 2023

Galicia acada a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica nun mes de febreiro

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2023.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de febreiro en relación co mes anterior en -956 persoas, un  -0,66 %. 

O número de parados queda en 144.092, trátase da cifra máis baixa nun mes de febreiro desde que se conta con rexistros (1996).

Por sectores, 4.739 son da agricultura, 14.780 da industria, 10.064 da construción, 102.581 dos servizos e 11.928 do colectivo sen emprego anterior.

Deles  60.039 son homes e 84.053 mulleres, 138.219 son maiores de 25 anos e 5.873 menores.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 10.417 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,74 %. O descenso prodúcese nas catro provincias, nas sete principais cidades e en todos os sectores de actividade respecto de hai un ano, subliñou a conselleira. 

Con respecto aos sectores de actividade, a comunidade anota unha baixa en todos eles, máis acusada no caso da Agricultura e da Pesca, por enriba do 16 %.

Caeu o paro entre os menores de 30 (-16,68 %) e mulleres (-6,07 %) respecto de hai un ano, ata situarse en cifras nunca vistas nun mes de febreiro desde que hai rexistros.

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en febreiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 57 persoas, un -0,34 %,

O número de parados queda en 16.521 deles 6.958 son homes e 9.563 mulleres, 15.792 son maiores de 25 anos e 729 menores.

Por sectores, 848 son da agricultura, 1.732 da industria, 1.129 da construción, 11.316  dos servizos e 1.496 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 635 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 3,70 %.