Un traspaso que debe vir acompañado dos recursos necesarios para unha óptima xestión da infraestrutura”, para evitar que se converta “nunha carga económica para a Administración autonómica” no que se refire a cuestións como o custo das bonificacións ou a financiación das obras precisas.
Dixen que rexeitamos o posicionamento do PSOE que pretende rebaixar por completo a proposta unánime do Parlamento de Galicia e limitala a unha “transferencia de competencias sobre a administración e a explotación”. É dicir, que a titularidade da AP-9 quede en mans da Administración Xeral do Estado, como ata agora.
Pedin aos socialistas galegos que na próxima reunión da ponencia muden de posicionamento para tentar acadar o mesmo consenso que o logrado no Parlamento galego.
Enlace á TVG