Unha vez máis a decepción foi enorme pois non hai evidencia algunha da existencia de obras. Nin movemento de terras, ni presencia de maquinaria, nin caseta de obras. Medra a herba e seguen impecables os dous grandes carteis anunciadores da actuación.
¿ Que está ocorrendo con estas obras?
Levo
meses reclamando información por vía parlamentaria ao respecto e o Mitma ou ben resposta con evasivas
o simplemente elude contestar.
Vexamos:
As obras do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022. Foron adxudicadas á UTE COPASA e Ferrovial por 29,3 millóns de euros. A duración do contrato, tal e como foi anunciada na licitación é de 30 meses.
Logo o pasado 16 de setembro de 2022 tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela coa presenza da entón Secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, do delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones e dunha pléyade de cargos socialistas. Nese acto foron sectariamente excluídos os representantes muncipais e os responsables do Partido Popular e das demais forzas políticas.
Con data 7 de outubro de 2022 o Goberno contestounos: “As obras do primeiro treito da Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela iniciáronse o 17 de xuño de 2022. Actualmente ese están a efectuar os replanteos topográficos, están a ocuparse leiras e xestionando os distintos servizos afectados”
Ante a falta de avances nas obras, o 11 de xaneiro de 2023 os deputados populares ourensáns fixemos esta pregunta:
“O Mitma informounos por escrito que o 17 de xuño de 2022 comezaron as obras do primeiro tramo da A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela, pero finalizado 2022, polo menos de forma visual non se apreciaron avances sobre o terreo. Na lei de PGE para 2022 tiña unha partida orzamentaria de 2.000.000 €
¿Cal foi a data de resposta a cifra executada no
exercicio 2022 da partida 2016 17 38 3691 da A-56 Variante Norte de Ourense
entre Eirasvedras e Quintela?”
A resposta
gobernamental chegounos o 14 de febreiro de 2023 e é a seguinte:
“A partida executada en 2022 das obras
Eirasvedras - Quintela do Variante Norte de Ourense, pertencente á autovía A-56
(Lugo-Ourense), foi acorde co programa de traballos vixente entre contratista e
o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA).”
Nove meses despois do inicio formal das obras, non se poden xustificar as demoras, por ocupacións de leiras, e replanteos topográficos, etc..¿ Existe algún problema coa UTE adxudicataria? ¿Qué está pasando?
Lembro unha vez máis a importancia deste investimento para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada a variante, solucionará os problemas da alta intensidade de tráfico que existen e posibilitará o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da N-120 no boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.
Seguiremos insistindo con preguntas parlamentarias.
O TREITO EIRASVEDRAS-QUINTELA
O trazado deste primeiro tramo de 1,7 qm de lonxitude da variante Norte
de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 entre Ourense e Lugo, ten a
súa orixe na contorna da actual ligazón de Eirasvedras da Autovía das
Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous
carrís por sentido na N-120, enmarcándose nunha contorna
periurbano. As dúas calzadas do variante Norte de Ourense proxéctanse
conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da N-120 en
ambos os sentidos.
O tramo finaliza na ligazón de Quintela, onde conecta de novo coa
N-120 á altura do núcleo de Tarascón (p. k. 572). Neste punto,
proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro
tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante Norte
de Ourense entre Quintela e A Casilla.
Ao longo do trazado deséñanse dúas novas ligazóns: a de Eirasvedras e a
de Quintela.
O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.