domingo, 2 de abril de 2023

Participando en Ourense na celebración do "Domingo de Ramos na Pasión do Señor"


Asisto esta mañá de domingo de Ramos no Parque de San Lázaro á bendición polo Sr. Bispo dos ramos en Ourense, e despois á procesión do Paso dos Nenos, coñecida como A Borriquilla que comezou ás 11,30 e que percorreu as rúas do Paseo, Lamas Carvajal e a praza de Santa Eufemia, para desembocar na S.I. Catedral pola Rúa Juan de Austria. 

Unha vez alí asistín á Santa Misa nun templo abarrotado de fieis.