viernes, 21 de abril de 2023

Eleccións municipais 2023: Na presentación de Nacho Campo como candidato á alcaldía de Maside

  

Asisto hoxe, ao acto de presentación da candidatura coa que o PP de Maside concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

Neste acto interviron:

José Manuel Baltar Blanco : “Nacho Campo liderará o cambio que necesita Maside para construír, a partir do 28 de maio, o futuro deste concello”

O presidente provincial definiu á candidatura presentada esta tarde como unha garantía para os veciños de Maside, que teñen no PPdeOU ao partido que mellor coñece o territorio, coas súas demandas e potencialidades, e que ten a capacidade de artellar novos proxectos para dinamizar este concello”

O cabeza de lista, Ignacio Campo Gonzalez remarcou a renovación e capacidade da candidatura fronte ao caos do goberno municipal: “Fronte ao noso proxecto, atopámonos con 16 anos de parálise, nos que Maside quedou bloqueada e hoxe é noticia debido á falta de capacidade e a mala praxis do equipo de goberno”

O conselleiro do medio Rural, José González, en representación do Partido Popular de Galicia , destacou a solidez da xestión do Partido Popular e a aposta polo rural: “Somos o único partido que cree no rural, que ve nel o futuro de Galicia. Porque estamos orgullosos de ser do rural, tanto como de orgulloso está Nacho –e todos nós– de ser de Maside”

Todo o meu apoio a este candidato que é na actualidade presidente provincial de Novas Xeracións do PP, e fillo do añorado Casimiro Campo que foi o noso portavoz nese fermoso concello e que faleceu en 2012.