domingo, 16 de abril de 2023

Magnífico éxito deportivo do CD Arenteiro que ascendeu a primeira federación

Hoxe o equipo da Vila do Carballiño, C.D. Arenteiro alcanzou o histórico ascenso á Primeira Federación pechando unha magnífica tempada. Empatou no estadio do Couto co Ourense Cf. 

Parabéns ao seu presidente Argimiro Marnotes e á súa directiva, ao adestrador Javi Rey, que foi capaz de suplir a Fran Xusto, á gran plantilla de xogadores e por suposto á extraordinaria afección carballiñesa.


Este acenso representa moito para o fútbol ourensán e para a promoción da Vila do Carballiño que xa é famosa por ser a capital  mundial do Polbo.