Un acto presidido por Alfonso Rueda e Manuel Baltar a ao que tamén asistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
● O presidente do PPdeG reivindicou hoxe en Ourense que a maioría dos candidatos da formación nesta provincia xa teñen experiencia de goberno e “contan coa confianza maioritaria dos seus veciños”, sumando entre todos “máis de 800 anos de experiencia como rexedores”
● “Estamos nun momento no que a xente pide candidatos que saiban facer as cousas con sentidiño, que saiban gobernar e facer plantexamentos lóxicos. É o que volve estar de moda e o que mellor pode ofrecer o PP de Ourense”, engadiu.
● Alfonso Rueda puxo en valor que a formación provincial foi, como sempre, “a primeira en comezar a traballar para designar aos seus 92 candidatos” e que ese traballo “con tempo” trasladase logo aos resultados: “Ourense é a provincia onde máis concellos teñen un alcalde ou alcaldesa do PP e a partir do 28 de maio haberá aínda máis”
● O líder dos populares galegos fixo fincapé na xuventude dos candidatos de Baños de Molgas (Manuel Fernández), Maside (Nacho Campo) e Montederramo (Marco Carballal) e na experiencia de máis de catro décadas dos alcaldes José Antonio Pérez (Quintela de Leirado), José Luis Gavilanes (Xunqueira de Ambía) e Manuel Seoane (A Peroxa)
● “Aos máis novos agradézolles que no momento de comezar a ordenar a súa vida decidisen que vale a pena apostar pola política e polo PP, e aos máis veteranos pídolles que sigan aplicando toda a súa experiencia e facendo as cousas ben para volver ser merecedores da confianza dos seus veciños”, afirmou.
● “A todos os demais, dos máis novos aos máis veteranos, pídolles que sexan o que van ser: dignos representantes non só das nosas siglas, senón dos veciños aos que lle van pedir a confianza”, engadiu.
● O presidente do PPdeG asegurou que os seus candidatos preséntanse “para gañar e non para perder e esperar a se o gañador ten maioría suficiente”, reivindicando que o PP de Ourense “é o partido das victorias e do récord”
● Dirixíndose a Manuel Cabezas, o líder dos populares galegos pediulle que sexa “o buque insignia” para os seus compañeiros e que faga o que mellor sabe facer: “Explicar o que se pode facer desde a experiencia, dicir o que se está facendo mal e representar o sentidiño que fai falta na cidade de Ourense”
● Recordando que “cada voto ao PSOE é un voto a Pedro Sánchez”, Alfonso Rueda presumiu de que os candidatos populares “non teñen que esconder as súas siglas, nin mirar cara outro lado cando se fala do Tito Berni, nin disimular cando se ve que o contador de violadores que saen á rúa segue aumentando, nin negar a realidade cada vez que un empresario diga que os fondos europeos non están chegando”
● “Eu creo que a sorte vén da xente que traballa e aquí traballouse moitísimo escollendo aos mellores candidatos con planificación, polo que o PP de Ourense volverá ser un exemplo de unidade e iso sempre funciona”, concluíu.
BALTAR: “OURENSE SABE O QUE QUERE E NÓS SABEMOS O QUE QUERE OURENSE”
● O presidente provincial do PP de Ourense puxo en valor que de aquí ao 28 de maio a súa formación “traballará como leva traballando todos os días desde o peche das urnas das anteriores eleccións”, como o fará despois “para conseguir unha vitoria do PP nas eleccións xerais e levar a un ourensán, Alberto Núñez Feijóo, á Moncloa”
● “Neste tempo ao fronte do PPdeOU fomos quen de acadar resultados históricos en eleccións autonómicas, europeas, xerais e camiñamos cara un resultado histórico nas vindeiras eleccións locais”, reivindicou.
● Manuel Baltar asegurou que “Ourense sabe o que quere e nós sabemos o que quere Ourense” e mostrouse orgulloso do “espectacular equipo” provincial e da súa combinación de experiencia de xestión e renovación: “Temos excelentes candidatos, un programa provincial e un programa para cada un dos 92 concellos, pero sobre todo ilusión e ganas para acadar un resultado histórico de alcaldías e a maioría absoluta na Deputación”
● “Esta mesma mañá vimos de reunirnos cos candidatos de toda a provincia e, en cada unha das mesas de traballo fomos quen de artellar proxectos e iniciativas en clave supramunicipal. Un traballo común que se verá referendado no Plan de Mandato 2127, co que nos presentaremos o 28 de maio á veciñanza cunha dobre utilidade: liderar cada un dos 92 concellos e liderar a Deputación”
CABEZAS: “QUERO RECUPERAR E MELLORAR O OURENSE QUE DEIXAMOS EN 2007”
● O candidato á alcaldía de Ourense expresou a súa satisfacción por compartir xornada “coa totalidade das maiorías absolutas da provincia de Ourense”, destacando que se trata dun “proxecto de todos, no que cada un dos candidatos da provincia axudará tamén a alcanzar a maioría absoluta na cidade”
● Manuel Cabezas afirmou que todas as candidaturas da provincia teñen un triplo reto: “Gañar as eleccións municipais en cada concello por maioría absoluta, facer presidente da Deputación a Manuel Baltar, tamén por maioría absoluta, e conseguir que Feijoó gañe as eleccións xerais de final de ano e sexa presidente do Goberno de España”
● Non se esqueceu tampouco de Galicia, lembrando que en 2024 haberá eleccións autonómicas e que Alfonso Rueda será de novo presidente da Xunta: “O que fagamos agora tamén terá o seu efecto o próximo ano”
● En clave local, Manuel Cabezas sinalou que quere “recuperar e mellorar” o Ourense que deixou en 2007 porque “hai un futuro que debe estar en mans da cidadanía e esta poñelo en mans de quen saiba xestionar”; como soubo facer e volverá facer.