O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2023.
Galicia:
Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de marzo en relación co mes anterior en -2.245 persoas, un -1,56 %. É a cifra máis baixa de toda a serie histórica (1996) nun mes de marzo
O número de parados queda en 141.847.
Deles 58.858 son homes e 82.989 mulleres,
135.808 son maiores de 25 anos e 6.039 menores.
Por sectores, 4.648 son da agricultura, 14.463 da industria, 9.813 da construción, 100.634 dos servizos e 12.289 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 11.489 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,49 %.
Baixa en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades.
Houbo un comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego: a cifra de parados menores de 30 anos e de mulleres desempregadas son as máis baixas da serie histórica (2006) nun marzo.
Respecto a febreiro de 2023, baixa en todos os sectores, en especial na construción (2,49%) en na industria (-2,14%).
Ourense
Medra o paro rexistrado en marzo na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 32 persoas, un 0,19 %,
O número de parados queda en 16.553 deles 7.006 son
homes e 9.547 mulleres, 15.819 son maiores de 25 anos e 734 menores.
Por sectores, 836 son da agricultura, 1.723 da industria,
1.141 da construción, 11.290 dos servizos e 1.563 do colectivo sen
emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do
ano pasado, 756 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 4,37 %.