jueves, 6 de abril de 2023

No paseo arredor do Encoro de Cachamuíña



Paseo esta tarde polo paseo arredor do Encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar. Un encoro que foi rematado en 1954 alterando o trazado histórico do río Loña cun tipo de «presa» chamada de «gravidade». 


O impacto ambiental foi eficazmente minorado cunha intervención de case 1.8 millóns de euros aportados pota Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) e a Deputación Provincial de Ourense. Con esta actuación recuperáronse as marxes do encoro, mellorouse o acceso peonil, instaláronse singulares pasarelas de madeira para salvar as dúas marxes do río, así como diferentes equipamentos deportivos para promover un estilo de vida saudable.


Este importante esforzo entre administracións permite na actualidad e que calquera visitante en camiño dende Ourense dirección a Ribeira Sacra ou cara as serras orientais, incluida a Estación de Montaña de Manzaneda (única en Galicia), quede sorprendido polo fermoso paseo que emerxe a súa esquerda. Aumentando cada ano o seu número de usuarios.