Unha delas, de gran interés para Galicia é a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia.
O inicio da tramitación desta proposición
na Cámara Baixa data de decembro de 2019, aínda que non foi ata febreiro de
2021 cando se aprobou –cunha ampla maioría de 287 deputados– a súa toma en
consideración e se encomendou o Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes,
Mobilidade e Axenda Urbana.
A partir deste momento, tal e como temos denunciado os populares, a iniciativa lexislativa chegou a acumular ata 15 prórrogas “acordadas sistemáticamente polos representantes de PSOE e Podemos-Galicia en Común”.
Finalmente, o 21 de setembro de 2021 constituíuse a
Ponencia, pero non volveu a convocarse unha reunión da mesma ata o 15 de marzo
de 2023, ante a posición contraria da maioría gubernamental; nesa reunión da Ponencia acordaron
volver reunirse unha vez pasada a Semana Santa
Os deputados galegos Jaime de Olano e
Celso Delgado no mes de abril de 2023 solicitaron
a Mesa da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que convocara unha nova reunión da Ponencia
no mes de maio para que leve a cabo os
traballos correspondentes para a elaboración do informe e o seu posterior envío
á Comisión.
O 10 de maio de 2023 reuniuse no
Congreso dos Deputados a ponencia encargada de debater a Proposición de
Lei Orgánica na Cámara Baixa.
Nesa reunión o PSOE bloqueou que se aprobase
o informe da ponencia encargada de debater a Proposición de Lei Orgánica
(PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista
AP-9 a Galicia. O texto poposto polos ponentes populares, era “literalmente
idéntico” ao que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia, onde si
contou co voto dos socialistas.
Sorprendeunos
que o PSOE boicotease en Madrid o que en Galicia afirmaba que apoiará”, e eu mesmo como membro desta ponencia dixen: “no
PP seguiremos traballando para que as competencias sobre a Autoestrada do
Atlántico sexan transferidas á nosa Comunidade, xunto aos medios necesarios
para a súa xestión”, remachou.
De feito, mesa
reunión, os ponentes populares avogamos por retirar as emendas presentadas e
cinguirnos ao texto do Parlamento para chegar a un acordo, pero o PSOE se negou
a retirar as súas, o que evitou que se lle dera luz verde ao informe.
Os socialistas mantiveron a súa postura de desactivar
a transferencia da titularidade e das competencias e limitala a unha
“transferencia de competencias sobre a administración e a explotación”. É
dicir, que a titularidade da AP-9 quede en mans da Administración Xeral do
Estado, como ata agora.
O compromiso de respectar a literalidade da PLO do Parlamento de Galicia —e de abordar en fases posteriores da tramitación os imprescindibles aspectos materiais e orzamentarios— tiña como obxectivo axilizar a aprobación da transferencia. Susténtabase nunha proposición non de lei aprobada o pasado 11 de abril de 2023 polas tres forzas políticas con representación na Cámara Autonómica.
Sinto moito que a posición boicoteadora dos socialistas desde 2021 ata hoxe e a disolución decretada por Sánchez, impedise que as Cortes aprobasen a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia.