viernes, 12 de mayo de 2023

Eleccións 28M: Apoiando en Ourense a candidaura do PP, no comezo da campaña electoral

 

Asisto hoxe ás 00:00 no parque de San Lázaro ao inicio da campaña electoral do 28M coa tradicional pegada de carteis, protagonizada por boa parte dos dez partidos políticos que opten a estar presente na nova corporación municipal de Ourense.

Compartín este momento cos moitos militantes e simpatizantes do Partido Popular que arroupaban a Manuel Cabezas e demais membros da candidatura.

O cambio está nas túas mans” é o lema escollido pola Cabezas para a campaña electoral na que  explicará o significado dun lema co que quere “convidar á unión dos ourensáns e ourensás para iniciar a segunda gran transformación de Ourense”.

 “Necesitamos de forma imperiosa unha substitución no goberno local”, dí o candidato á alcaldía da terceira capital de Galicia, “onde o 70 % dos seus habitantes coinciden en afirmar que Ourense, nestes momentos, non é unha cidade na que desenvolver un plan de vida”.

Máis aínda cando o clima político que xera o actual alcalde é cada vez “máis insoportable”, engade Manuel Cabezas: “Por iso non me estraña en absoluto que case o 52 % dos cidadáns digan que a imaxe que o rexedor transmite de Ourense sexa mala”.

Serán máis de medio centenar de actos públicos nos que presentará unha versión máis detallada do seu proxecto para Ourense, tras completar máis dunha vintena de visitas en tres roldas aos barrios da capital.

Sostén Manuel Cabezas que sen escoitar é imposible acertar nas decisións: “Por iso foi unha experiencia moi gratificante escoitar á xente a pé de rúa e recoller as súas achegas para o futuro de Ourense; non vin a ningunha outra formación que fixese este primeiro exame #ante a cidadanía".