“Realizaremos un estudo económico das potencialidades do noso concello, para desenvolver novas iniciativas que transformen, de verdade, O Barco”; e avanzou tamén a “revisión do PXOM”
“Asfaltaremos as rúas e reporemos as beirarrúas en todo o concello”, explicou Noli Núñez, que tamén incide na “potenciación do GES de Valdeorras”
“Buscaremos
novas liñas de colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia,
para levar a cabo proxectos dinamizadores do territorio”, destacou o candidato
popular.
O presidente provincial Manuel Baltar dixo que “esta vila merece máis, merece distinguirse como unha vila dinámica, sobresaínte na provincia de Ourense e con visibibilidade en Galicia. Algo que hoxe en día, por desgraza, O Barco de Valdeorras non ten”
“Esta candidatura está disposta a actuar, dende o Concello e a Alcaldía, con ilusión, capacidade de traballo e en coordinación coa Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, máis pronto que tarde, cun Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”
“O Partido Popular sempre ten no Barco de Valdeorras magníficos resultados nas eleccións xerais, nas eleccións europeas, nas eleccións autonómicas e agora este é o momento perfecto para que este concello se sume ao cambio tan necesario, e que o Partido Popular saberá devolver esta confianza cunha xestión exemplar e ambiciosa”