“Sabemos que O Barco de Valdeorras ten problemas de xestión diaria dos seus servizos públicos induscutiblemente, pero tamén ten que ter a ambición de ser reivindicativo nos temas das súas infraestruturas. Esta poboación necesta unha autovía A-76, que se licite xa o seu primeiro tramo, necesita ver esa circunvalación de Valdeorras, que tiña que estar entregada en setembro de 2022 e que aínda lle queda máis dun ano e medio seguro de obras, o que é unha mágoa e unha tristeza. E logo necesitamos uns servizos ferroviarios cun nivel de dignidade, que é o que merecen os usuarios do ferrocarril nesta localidade. Non é posible que todos os trens cheguen aquí demorados, non é posible que esa estación teña o aspecto que presenta ”, sinalaba o parlamentario Celso Delgado Arce.
Así mesmo sinalaba que tamén “ante a Xunta de Galicia, e ante a Deputación provincial ten que esixirse unha actitude lóxica, primeiro de lealdade, segundo de reivindicación e de traballar polos intereses do que é a segunda poboación en importancia da provincia e que debe ser o motor de toda unha comarca e ter unha boa unión coa comarca veciña do Bierzo, coa que indiscutiblemente mantén unha relación cotiá moi importante”.
Delgado Arce manifestaba o seu apoio “dun xeito incondicional á xente do PP do Barco, que leva unha candidatura renovada, moi comprometida, con moita xente nova e que entra por primeira vez en política acompañando xa un político con experiencia como é Noli”. E amosábase convencido de que “vai obter un bo resultado, esperamos ter o voto da maioría da xente do Barco e alá onde os barquenses os coloquen estou seguro de que van facer algo que é necesario nesta segunda poboación máis importante da provincia de Ourense, que é defender os intereses da xente de aquí, sendo construtivos pero reivindicativos ante todas as administracións”, concluía, agradecendo o “esforzo que está facendo este equipo”.