miércoles, 17 de mayo de 2023

Celebrando o Día das Letras Galegas 2023 no que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego

Celebramos hoxe 17 de maio o Día das Letras Galegas, que  Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego cadrando cos cento dez anos do seu nacemento e o sesenta aniversario desta conmemoración, unha idea impulsada polo propio don Paco ao pouco de ser nomeado académico de número.

A celebración do Día das Letras Galegas prendeu axiña con éxito por todo o país e hoxe constitúe a gran festa cívica de Galicia, con centos de iniciativas desenvolvidas por administracións, asociacións, institucións, centros educativos, entidades comerciais e empresas, entre outros axentes sociais

Francisco Fernández del Riego, unha das figuras fundamentais da cultura galega, naceu en Vilanova de Lourenzá  o 7 de xaneiro de 1913 e finou o 23 de novembro de 2010, no seu domicilio da cidade de Vigo-

Este é o enlace a sua biografía publicada na web da Real Academia Galega:

Biografía | Real Academia Galega

Hoxe aos deputados populares ourensáns tocounos celebrar este festivo día en Madrid, no Congreso dos Deputados, xa que houbo Pleno. Publicamos este tweet:


" Hoxe tocounos celebrar no @Congreso_Es o #DíaDasLetrasGalegas no que homenaxeamos a figura do gran intelectual galeguista Francisco Fernandez del Riego. Feliz día para todos e mil primaveras máis para nosa lingua. @anadebande@CelsodDelgadoOU "