domingo, 14 de mayo de 2023

Eleccións 28M: Apoiando a candidatura Popular na Rúa de Valdeorras

 


Asisto ás 21:00 ao mitin, celebrado no Cine Avenida, de A Rúa de Valdeorras.

O candidato popular, o actual alcalde Álvaro Fernández destacou o balance destes catro anos, “cunha xestión municipal rigorosa e fiable, fundamental para poder acometer novas iniciativas”

Remarcou a importancia da colaboración do goberno provincial ourensán e a Xunta de Galicia, “con proxectos que serán realidade nos próximos meses como o novo centro de saúde ou a delegación da Deputación de Ourense”

Entre as iniciativas estratéxicas para este mandato, Álvaro Fernández destacou a “construción dun espazo museístico onde expoñer os fitos históricos e patrimoniais máis representativos do noso acervo cultural”

Sinalou que “coa inauguración do novo centro de saúde, queremos concesionar as salas do vello ambulatorio para implementar servizos que non se estean a prestar no noso pobo”, explicou o candidato popular na súa intervención

O presidente provincial Manuel Baltar, valorou a  Álvaro Fernández “como un dos mellores alcaldes da provincia. É unha persoa traballadora, fiable, con moito futuro, que sabe expoñer as cousas e que sabe como xestionar grupos humanos e representar perfectamente ao seu concello”