Asisto hoxe ao mitin celebrado no albergue municipal de Bande e no que tamén participou Ethel Vázquez.
SANDRA QUINTAS: “QUEREMOS UN BANDE AÍNDA MÁIS SOCIAL, COAS AXUDAS Á NATALIDADE, ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN E SEGUIR MELLORANDO A ATENCIÓN AOS NOSOS MAIORES”
- A candidata popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver novas iniciativas, como a construción do centro termal
- “Queremos un Bande aínda máis social: continuaremos as nosas axudas á natalidade e favoreceremos actividades de conciliación familiar. Ademais, apostaremos por un transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida e crearemos espazos de atención ao maior”
- No plano turístico, “rehabilitaremos e activaremos a Reitoral de Santa Comba e finalizaremos o proxecto do hotel Casa dos Baños”. Ademais, “adaptaremos como apartamentos turísticos varias estancias do centro de interpretación da Aquae Querquenae”
- “Apostamos pola formación e por dar facilidades ás empresas, ademais de continuar o plan estratéxico de axudas a novos autónomos”, sinalou Sandra Quintas
- “Rehabilitaremos e usaremos a Casa da Mariluz, ademais de crear unha Base de Unidade Operativa (BUO) contra incendios”, remarcou Sandra Quintas, que tamén avanzou a humanización dos espazos públicos do concello
- “Seguiremos estando ao carón do sector primario. Reforzaremos as axudas aos agricultores e gandeiros, ademais da destinadas á comercialización a través do Mercado do Xurés”, destacou a candidata popular.
- “Queremos que Bande sexa protagonista nos fondos comunitarios 2023-2027”, destacou a candidata, incidindo nas “oportunidades abertas ao noso territorio en sectores estratéxicos”
Manuel Baltar: “Bande é unha referencia provincial e autonómica apoiado no traballo do PPdeOU e o potente liderado de Sandra Quintas”
- O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense remarcou no acto, celebrado esta tarde no albergue municipal, a “importante labor do Partido Popular de Ourense no crecemento de Bande”
- “Sandra Quintas é unha persoa formada, unha auténtica profesional da administración pública que demostrou neste tempo contar cunha excelente visión do que é ser alcaldesa dun concello como Bande”
- “A xestión orzamentaria de Sandra está aí, e esta rigorosidade permite deseñar e executar proxectos, fixando novos obxectivos en todos os eidos”, destaca Manuel Baltar
- “Bande é unha referencia provincial e autonómica en cuestións de identidade, cooperación transfronteiriza e noutras tantas accións, apoiándose no traballo do PPdeOU e o potente liderado de Sandra Quintas”
- “Sandra Quintas e o seu equipo son unha garantía para este concello, ao que seguirán dotando da solidez, xestión e fortaleza necesaria para seguir medrando”
- “Este goberno provincial traballa dun xeito cotiá ao carón de Bande, nunha relación de cooperación na que é fundamental o traballo do equipo de Sandra Quintas tecendo novos proxectos dinamizadores e sabendo atopar as liñas de colaboración coa Deputación, a Xunta de Galicia e, máis pronto que tarde, co Goberno central liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”
- O Plan de Mandato 2127”, reivindica Manuel Baltar, sitúa nunha situación “completamente chave” a Bande e a toda a comarca da Baixa Limia, con proxectos estratéxicos arredor do apoio ao termalismo, o turismo ou o sector primario.