"Alfonso Rueda di que o PP aspira a recuperar o tempo perdido no Carballiño cun alcalde que goberne para todos como Lino González
Para Manuel Baltar, o candidato popular é a garantía de “abrir un novo ciclo político para recuperar o tempo perdido, devolver esta vila ao camiño do progreso e aproveitar as enormes potencialidades do Carballiño”
Lino González: “Non me quedarei co voto que pido aos veciños, senón que penso devolvelo día a día co meu traballo e dedicación”
● O presidente do PPdeG asegurou que O Carballiño precisa dun liderado forte para recuperar o tempo perdido e dun alcalde como Lino González, que antepoña os intereses da vila aos das siglas e que goberne para todos
● Un cambio de rumbo, en definitiva, ao modo de facer a política do PP: con sentidiño, con estabilidade e coas garantías que ofrece gobernar en solitario e non con socios aos que ter que estar contentando para continuar co pacto
● Alfonso Rueda reivindica que o PP do Carballiño ofrece unha lista renovada pero coa mesma ilusión e as mesmas ganas de sempre e cun obxectivo claro: estar máis preto da cidadanía.
● Puxo en valor así mesmo que Lino González leva anos exercendo de veciño activo e que por iso sabe ben cales son as preocupacións da veciñanza e as necesidades da súa vila, e que por iso será un alcalde que protexa a súa xente
● Para que O Carballiño dos vindeiros anos sexa unha vila emprendedora, na que é posible conciliar e na que se aposte pola industria e por dinamizar o rural, o Goberno galego ten diferentes actuacións en macha como: a construción dun novo centro de saúde, a ampliación do IES Chamoso Lamas e melloras no CEIP Calvo Sotelo, a rehabilitación da residencia de maiores, a ampliación do parque empresarial e un investimento de 4 millóns de euros para impulsar proxectos turísticos no concello.
● O líder dos populares galegos asegurou que a cidadanía está farta de liortas e de enfrontamentos, e que por iso demandan aos candidatos do entendemento que ofrece o PP para que os concellos de Galicia avancen, progresen e melloren.
● Amosou a súa aposta neste sentido por uns concellos que funcionen, nos que a política mellore o benestar de todos, unha Galicia que contribúa ao progreso de España e unha España na que a Comunidade se teña en conta como é debido.
● Por iso concluíu pedindo o voto aos que sempre confiaron no PP, aos que nalgún momento deixaron de votar ao partido, ao novos votantes, aos que nunca votaron e sobre todo aos decepcionados cun PSOE que non di nada a Podemos e dille si a todo o que lle impoñen nacionalistas e independentistas.
● Alfonso Rueda remarcou que hai moito que cambiar en España e que o próximo 28 de maio ese cambio empezará a ser realidade concello a concello, desde a máis pequena das aldeas ata a máis grande das cidades.
MANUEL BALTAR: “HAI QUE RECUPERAR O TEMPO PERDIDO”
● O presidente
provincial reivindicou a Lino González como “unha persoa comprometida co seu
concello” que “grazas á súa traxectoria profesional suma un sobresaínte
coñecemento tanto do territorio e dos veciños como do funcionamento da
administración pública”
● “Lino sabe perfectamente o que hai que facer, e está preparado para liderar a súa vila a partir do 28 de maio. Porque el deuse conta, como todos, do languidecemento do Carballiño nesta etapa de goberno socialista e ten moi clara a necesidade de reposicionar este concello no lugar preferente que merece”, explicou.
● Para Baltar, o concello necesita un cambio e isto só se pode conseguir co PP, cunha candidatura que garante “abrir un novo ciclo político para recuperar o tempo perdido, devolver esta vila ao camiño do progreso e aproveitar as enormes potencialidades do Carballiño”
● “Non hai espazo para máis conformismo e políticas municipais desenfocadas. Esta é a candidatura que asegura voltear O Carballiño e revolucionar a vila, perfilando novos e transformadores proxectos e coa capacidade para conectarse coa Deputación, coa Xunta e, moi pronto, co Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”, concluíu.
● O
presidente provincial remarcou que o Plan de Mandato 2127 reforza a aposta do
Goberno provincial por Carballiño: “Estamos ao carón desta vila e seguiremos
potenciando sectores estratéxicos como o termalismo ou o turismo, xunto a
medidas deseñadas arredor da dinamización económica e o emprendemento”
GONZÁLEZ ASPIRA A REVERTER OITO ANOS DE SOCIALISMO E DECLIVE
● O candidato asegurou ser “unha persoa de conversar polo miúdo en persoa” e que iso leva facendo toda a súa vida: “Levo 22 anos escoitando as necesidades dos veciños do Carballiño e, despois de tantas queixas, decidín dar un paso adiante e presentarme á alcaldía para que O Carballiño volva ser a mellor vila de Galicia”
● “Co PP, O Carballiño recuperará a súa posición despois de oito anos de goberno socialista que só supuxeron declive”, remarcando que “os que non fixeron nada neste ao longo destes anos tampouco farán nada se continúan á fronte do Concello despois do 28 de maio”
● Fronte a esta situación, Lino González propón unha vila máis emprendedora coa amplificación e bonificación do parque empresarial, coas axudas ao pequeno comercio e coa potenciación do autoemprego.
● “O Carballiño será unha vila que protexa a súa xente, axilizando a construción do centro de saúde, con axudas de emerxencia social, axudas á natalidade, axudas en material escolar, e promoción de vivendas sociais e alugueiros.
● González quere un Carballiño que concilie máis e mellor, cunha segunda Galiña Azul na Uceira e cun aumento do programa de familias madrugadoras: “Consideramos que conciliar é fundamental e sen esquecernos dos nosos maiores, en especial dos que viven sos”
● Amosou
ademais a súa aposta polo deporte gratuíto nos centros educativos, a renovación
e todas as instalacións deportivas da vila e un Espiñedo “grande e de primeira”