Hoxe, nun mitin en San Cibrao das Viñas, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, deixou clara a súa aposta por unha política “máis galega” nos 313 concellos a partir do 28 de maio: unha política que pasa pola unión e a resolución dos problemas e non pola terna confrontación.
Reivindicou neste sentido unha política como a dos gobernos do PP, na que as prioridades sexan as da xente, na que haxa un entendemento que se corresponda co entendemento social que hai nas rúas e na que se ofrezan máis solucións e menos problemas
Rueda dixo que os galegos queren estabilidade e gobernos que se dediquen a gobernar: “Queremos que non nos amolen con ocorrencias e estridencias e así o diremos ben claro nas urnas o próximo 28 de maio”
Pediu así a Podemos que “non nos amole dirixindo a vida da xente”, ao BNG que “non nos amole co seu nacionalismo como solución para todo” e ao PSOE que “non nos amole pretendendo que teñamos un Pedro Sánchez en cada concello porque xa nos chega co que hai na Moncloa”
Que non nos amolen porque os galegos sabemos moi ben o que queremos e o que nos gusta: Galicia”, concluíu a este respecto.
Para o líder dos populares galegos, estas eleccións municipais serán o momento de elixir entre a división política ou o traballo conxunto no que toda a sociedade vai nunha mesma dirección que beneficie a todos.
Facendo unha apelación ao “voto da unidade”, Rueda remarcou que é moito o que une aos galegos: o avance, a prioridade do emprego e das economías familiares, a busca de maior benestar e, por enriba de todo, Galicia e España”
UNA ALCALDESA DE 10 CO 100% DE APOIO DO GOBERNO GALEGO
En clave local, o presidente do PPdeG apuntou que San Cibrao das Viñas é un espello no que mirarse outros concellos de Galicia por ser un exemplo de prosperidade, de benestar e de estabilidade
Agradeceu ao actual alcalde, Pedro Fernández, o seu compromiso e xenerosidade ao longo de 12 anos de bo goberno e amosouse convencido de que o relevo na alcaldía será tal e como foi o seu mandato: tranquilo.
Sobre a candidata á alcaldía, Rueda destacou o seu amor por San Cibrao; concello no que aprendeu a servir aos veciños, no que traballará con toda a súa motivación e ao que se dedicará en exclusiva a partir do 28 de maio.
De aí que se mostrase convencido de que nestas eleccións municipais os seus veciños brindarán a Marta Nóvoa a oportunidade de ser unha alcaldesa de 10.
Alfonso Rueda sinalou que a futura alcaldesa poderá contar ao 100% co apoio do Goberno galego do mesmo xeito que ata o de agora, poñendo en valor o progreso que supuxeron a conexión da A-52 co polígono industrial, a ampliación do parque empresarial e o apoio tecido empresarial e industrial.
A intención é seguir nesa liña, con máis actuacións para ampliar o solo empresarial, coa posta en marcha da circunvalación de Ourense, co novo centro de ciberseguridade, coa posta en marcha dunha área de estacionamento de camións e a implantación na Tecnópole dunha pioneira comunidade enerxética para que as empresas do parque xeren as súas propias enerxías renovables.
MANUEL BALTAR: “UNHA GARANTÍA DE FUTURO PARA SAN CIBRAO”
Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, catalogou de “modélico” o proceso de transición no que Pedro Fernández considerou oportuno ir de número 2 e apoiar a candidatura de Marta Nóvoa
MARTA NÓVOA: “SOMOS UN EQUIPO FIABLE”
A candidata popular agradeceu o apoio de Alfonso Rueda e Manuel Baltar e recoñeceu o traballo “infinito” do alcalde Pedro Fernández: “Déixasme o listón moi alto. Grazas pola túa humildade, a túa xenerosidade e por ensinarme todo o que sei de política local”
Sobre a candidatura, Marta Nóvoa resaltou: “Todos somos veciños e veciñas de San Cibrao, a xente nos coñece, a maioría ten o noso teléfono móbil, e saben que estamos a súa disposición para resolver os seus problemas”