lunes, 15 de mayo de 2023

Vendo o estado das obras da estrada de conexión das nacionais N-120 e N- 536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras

Onte domingo con ocasión de viaxar a Valdeorras por mor da campaña electoral, fun ver o estado das obras da estrada de conexión entre as nacionais  N-120 e  N- 536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras.

Despois de meses de paralización absoluta das obras, vin avances en estruturas e ao lonxe a boca de inicio do túnel de O Serro.

Fixen estas fotografías.








Características Técnicas 

As obras licitadas, cunha lonxitude aproximada de 5,6 km, inícianse en Sobradelo no  P. K. 41,5 da  N-536 na intersección coa  OU-122 e finalizan no  P. K. 453,4 da  N-120 no Barco de Valdeorras.

A actuación componse de dous partes diferenciadas 

• Un primeiro subtramo de estrada é un acondicionamento e mellora da  N-536 desde Sobradelo, cunha lonxitude dun 3,3 km, cunha sección transversal de 10 m, composta por unha calzada de 7,00  m e beiravías exteriores de 1,50 m.

• Un segundo subtramo de estrada en variante de trazado dun 2,3 km, de 12 m de sección transversal (con beiravías de 2,50 m) que abandona o actual trazado da  N-536, cruzando o  rio Sil mediante un novo viaduto e entra en túnel no monte de O Serro, para finalmente conectar coa estrada  N-120 a través doutro viaduto sobre o río  Cigüeño.

O radio mínimo é de 375 m e a pendente lonxitudinal máxima do 4,8%.

No tramo proxéctanse dous nós:

• O primeiro deles, no  P. K.45 da actual  N-536, é unha intersección en “T” dotada de carrís centrais de espera e cambio de velocidade.

• O segundo, ao final do tramo, é un novo enlace tipo diamante con glorieta superior, que serve de conexión entre a nova variante e a  N-120 situándose próximo ao nó existente nesa nacional no  P. K. 453,4. Esta nova ligazón foi deseñado e previsto para aloxar o paso da sección da futura  autovia A-76: Ponferrada-Ourense, dando ademais acceso á  OU-622 e a distintos viarios do núcleo urbano do Barco de Valdeorras.

Ao longo do  trazado proxéctanse un total de 10 estruturas: 5 viadutos, 4 pasos superiores e 1 paso inferior, onde destacan o viaduto sobre o río Sil de 461 m. de lonxitude, que tamén salva o  FF.CC. e a estrada  OU-0801 de  Entoma e o viaduto do río  Cigüeño, de lonxitude 347 m.

Baixo o monte de O Serro, proxectouse a  construccion dun túnel dun único tubo  bidireccional, de 490  m de lonxitude e pendente lonxitudinal constante do 3%.