lunes, 8 de mayo de 2023

A Sareb non ten dispoñible en Galicia ningún dos pisos comprometidos polo Goberno de Sánchez

 

En relación co recente anuncio do presidente Pedro Sánchez de que a Sareb poría á disposición de Galicia 1.285 vivendas, coñecemos que a última información oficial recibida pola Xunta, facilitada pola propia entidade, é que dese número de inmobles:

- 479 se atopan en comercialización.

806 teñen algún tipo de saneamento pendente.

E, no que atinxe á proposta de cesión que  fixo a Sareb a Xunta o pasado mes de abril, cómpre lembrar que das 42 vivendas que incluía:

- Só unha está localizada nunha cidade (Ourense), a pesar de que as 7 urbes galegas concentran o 69% dos inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda

- A súa situación tampouco coincide, en xeral, cos municipios con maior demanda; por exemplo, ofrece 17 vivendas (máis do 40% do total) en Mugardos, concello no que só hai 4 persoas inscritas.

- Só 6 desas vivendas teñen licenza de primeira ocupación (das cales 4 están okupadas) polo que non sabemos cal é o estado do resto.

Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta adquiriu en marzo por 3,5 M€ un total de 40 inmobles da Sareb seleccionados en base aos datos do IGVS sobre a oferta e a demanda reais nos municipios nos que se localizan.

Ante isto, esiximos desde o Partido Popular, unha vez máis ao Goberno central —tal e como lle pediu por carta xa o presidente Rueda e reclamou por unanimidade o Parlamento galego no mes de abril— que concrete os seus anuncios en feitos e a cesión inmediata ás Comunidades de vivendas en bo estado alí onde hai maior demanda.