miércoles, 21 de junio de 2023

Caducada como consecuencia da disolución das Cortes, a Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia


O Boletín Oficial do Congreso dos Deputados de data do 16 de xuño de 2023 publicou as Relacións de iniciativas caducadas e de iniciativas trasladadas á Cámara que se constitúa na XV Lexislatura.

Di así:  “La Mesa de la Diputación Permanente, en su reunión del día 1 de junio de 2023, acordó, una vez producida la disolución de la Cámara, la publicación de las tres relaciones siguientes: A) Relación de iniciativas ya calificadas que se hallaban en tramitación en el momento de la disolución y que han caducado como consecuencia de ésta. B) Relación de iniciativas pendientes de calificación caducadas como consecuencia de la disolución. C) Relación de iniciativas que se trasladan a la Cámara que se constituya en la XV Legislatura."

Entre las que se hallaban en tramitación en el momento de la disolución y que han caducado como consecuencia de ésta se encuentra la Proposición de Ley Orgánica de transferencia de la titularidad y competencias de la autopista AP-9 a la Comunidad Autónoma de Galicia de la que era autora el Parlamento de Galicia (corresponde a los números de expediente 125/000024/0000 de la XII Legislatura y 125/000011/0000 de la XIII Legislatura). Publicación: «BOCG. Congreso de los Diputados», serie B, núm. 12-1, de 20 de diciembre de 2019, pág. 1. Iniciativa. «BOCG. Congreso de los Diputados», serie B, núm. 12-2, de 8 de febrero de 2021, pág. 1 Toma en consideración. «BOCG. Congreso de los Diputados», serie B, núm. 12-3, de 12 de febrero de 2021, pág. 1 Acuerdo subsiguiente a la toma en consideración. «BOCG. Congreso de los Diputados», serie B, núm. 12-4, de 1 de julio de 2021, pág. 1 Enmiendas e índice de enmiendas al articulado. (pág. 67)

Boletín Oficial de las Cortes Generales Serie D: General (congreso.es)

A miña valoración

O inicio da tramitación desta proposición na Cámara Baixa data de decembro de 2019, aínda que non foi ata febreiro de 2021 cando se aprobou –cunha ampla maioría de 287 deputados– a súa toma en consideración e se encomendou o Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. 

Un debate no que intervín en nome do GPP xunto ao deputado autonómico Diego Calvo.

A partir deste momento, tal e como temos denunciado os populares, a iniciativa lexislativa chegou a acumular ata 15 prórrogas “acordadas sistemáticamente polos representantes de PSOE e Podemos-Galicia en Común”. 

Finalmente, o 21 de setembro de 2021 constituíuse a Ponencia, pero non volveu a convocarse unha reunión da mesma ata o 15 de marzo de 2023, ante a posición contraria da maioría gubernamental; nesa reunión da Ponencia acordaron volver reunirse unha vez pasada a Semana Santa

Os deputados galegos Jaime de Olano e Celso Delgado no mes de abril de 2023 solicitaron a Mesa da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana  que convocara unha nova reunión da Ponencia no mes de maio para que  leve a cabo os traballos correspondentes para a elaboración do informe e o seu posterior envío á Comisión.

O 10 de maio de 2023 reuniuse no Congreso dos Deputados a ponencia encargada de debater a Proposición de Lei Orgánica na Cámara Baixa.

Nesa reunión o PSOE bloqueou que se aprobase o informe da ponencia encargada de debater a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia. O texto poposto polos ponentes populares, era “literalmente idéntico” ao que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia, onde si contou co voto dos socialistas.

Sorprendeunos que o PSOE boicotease en Madrid o que en Galicia afirmaba que apoiará”, e  eu mesmo como membro desta ponencia dixen: “no PP seguiremos traballando para que as competencias sobre a Autoestrada do Atlántico sexan transferidas á nosa Comunidade, xunto aos medios necesarios para a súa xestión”, remachou.

De feito, mesa reunión, os ponentes populares avogamos por retirar as emendas presentadas e cinguirnos ao texto do Parlamento para chegar a un acordo, pero o PSOE se negou a retirar as súas, o que evitou que se lle dera luz verde ao informe.

Os socialistas mantiveron a súa postura de desactivar a transferencia da titularidade e das competencias e limitala a unha “transferencia de competencias sobre a administración e a explotación”. É dicir, que a titularidade da AP-9 quede en mans da Administración Xeral do Estado, como ata agora.

O compromiso de respectar a literalidade da PLO do Parlamento de Galicia —e de abordar en fases posteriores da tramitación os imprescindibles aspectos materiais e orzamentarios— tiña como obxectivo axilizar a aprobación da transferencia. Susténtabase nunha proposición non de lei aprobada o pasado 11 de abril de 2023 polas tres forzas políticas con representación na Cámara Autonómica.

Sinto moito que a posición boicoteadora dos socialistas desde 2021 ata hoxe e a disolución decretada por Sánchez, impedise que as Cortes aprobasen a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia.