viernes, 2 de junio de 2023

O desemprego no mes de maio en Galicia é o menor en 27 anos e por primeira vez se sitúa por debaixo das 139.000 persoas



Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2023.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de maio en relación co mes anterior en - 4.909 persoas, un  -3,52 %. Por sectores económicos, liderou a caída o primario (-1,96 %), seguido dos servizos (-1,82 %), da industria (-1,59 %) e da construción (-1,24 %).  

O número de parados queda en 134.434. Deles  55.221 son homes e 79.213 mulleres, 129.298 son maiores de 25 anos e 5.136 menores.

Por sectores, 4.447 son da agricultura, 13.727 da industria, 9.309 da construción, 95.086 dos servizos e 11.865 do colectivo sen emprego anterior. 

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 11.686 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,00 %.  Por sectores, liderou o descenso o primario (-17,74%), seguido da industria (-13,95%), da construción (-10,89%) e dos servizos (-7,20%).

O paro, con respecto a hai un ano e na comparativa con abril, caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como nos colectivos prioritarios para a Xunta como son, entre outros, os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.

Por colectivos prioritarios, decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos  (-12,67%) seguido das mulleres (-6,91%) e dos parados de longa duración (-3,15%). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2005). Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun maio desde 2009.

Ourense

Baixa o paro rexistrado en maio na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 644 persoas, un -4,00 %,

O número de parados queda en 15.475 deles 6.441 son homes e 9.934 mulleres, 14.811 son maiores de 25 anos e 664 menores.

Por sectores, 795 son da agricultura, 1.631 da industria, 1.053 da construción, 10.462  dos servizos e 1.534 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 1.306 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,78 %.