Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas vindeiras eleccións xerais do 23 de xullo visitamos hoxe Valdeorras, interesándonos especialmente por cuestións vencelladas ás infraestruturas terrestres e ferroviarias dependentes do Goberno central, ademais do estado e o potencial dos recursos hídricos desta comarca.No Barco de Valdeorras, os populares
esixiron esta tarde “o remate urxente” da circunvalación que une a N-120 e a
N-536: “A Circunvalación do Barco é unha iniciativa estratéxica, que
acumula meses e meses de demora para o prexuízo dos veciños e usuarios destas
estradas, que ademais padecen os problemas dunha mala sinalización das obras”.
Ao carón do Sil, ao seu paso por O Barco de Valdeorras, os populares denunciaron a “desatención da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que abandona aos concellos en cuestións fundamentais como a limpeza das marxes, avaliar o estado dos cauces e a calidade das augas ou coidar os paseos fluviais”.
Pondo como exemplo a importancia estratéxica do Sil para Valdeorras, os candidatos prometeron un Goberno popular no que “a auga sexa unha cuestión prioritaria, con órganos de conca mantendo diálogo permanente coas autoridades locais e potentes investimentos que garantan o estado dos recursos hídricos, imprescindibles para a agricultura, a gandería o propio medio ambiente”.