sábado, 29 de julio de 2023

Eleccións 23X: concluido o escrutínio o PP obtén na província de Ourense o 50,02% sobre voto válido e o 50,32% sobre voto a candidaturas

Concluido hoxe o escrutinio por parte da Xunta Electoral Provincial de Ourense o PP acadou na provincia o 50,02% sobre voto válido e o 50,32% sobre voto as candidaturas ao Congreso dos Deputados.

Os electores eran 355.771. Votaron 188.085, houbo 1.794 votos nulos e 1.109 en branco.

O PP obtivo 93.182 votos, o PSOE 56.035, o BNG 15.317, Sumar Galicia 10.171 e VOX 9.080.

En consecuencia a Xunta Electoral expedirá tres credenciais ao Congreso, para Ana Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado, da candidatura do PP e outra para a socialista Margarita Martín.


Estos foros os resultados definitivos dos candidatos a senadores.

As actas serán tres para o PP,  Carmen Leyte, Luís Menor e Rosa Sánchez. Polo que respecta ao PSOE a acta é Rafael Rodríguez Villarino.