jueves, 27 de julio de 2023

EPA IIT 2023: No segundo trimestre de 2023 en Galicia había 119.700 persoas en paro, 15.400 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,3 puntos e sitúase no 9,6%.



Difunde hoxe o IGE un informe sobre a Enquisa de poboación activa (EPA) do segundo trimestre de 2023 sobre Galicia que é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964.

Estos son os resultados:

Poboación activa

No segundo trimestre de 2023 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.348.800 persoas, das cales 1.249.900 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,2%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en 11.200 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,4 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2023.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, o número de persoas activas aumenta en 5.200 persoas e a taxa de actividade permanece igual.

Por sexo, a taxa de actividade masculina aumenta 0,6 puntos respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 57,2%. A taxa de actividade feminina aumenta 0,3 puntos porcentuais, e sitúase no 49,6%.

Poboación ocupada

A ocupación aumenta en 26.500 persoas no segundo trimestre de 2023 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.130.200 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,1%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 25.000 persoas, o que supón un incremento do 2,3% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumentou a ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns aumentou en 12.800 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2023; a ocupación das mulleres aumentou en 13.800 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nun incremento da taxa de ocupación masculina de 1,2 puntos e nun incremento da taxa feminina en 1 punto con respecto ao trimestre pasado.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2022, o número de homes ocupados aumenta en 9.900 persoas (un 1,7%), mentres que o de mulleres ocupadas aumentou nun 2,8%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumentou en todos os sectores, agás na construción, onde diminuíu. Na agricultura e pesca, o aumento da poboación ocupada cifrouse en 6.100 traballadores e traballadoras máis que hai 3 meses. Na industria, a ocupación aumentou en 5.500 persoas. Nos servizos o aumento situouse en 16.200 persoas máis. Pola contra, na construción a ocupación diminuíu en 1.100 persoas respecto ao trimestre anterior.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, a ocupación diminúe na industria (-0,6%) e aumenta na construción (0,7%), no sector primario (11,6%) e nos servizos (2,3%).

Poboación asalariada

En Galicia había 925.700 persoas asalariadas no segundo trimestre de 2023, 780.200 con contrato indefinido e os 145.500 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 30.500 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido, o que supón un incremento de 4,1 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe, pola contra, en 2.000 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 1,4% con respecto ao primeiro trimestre de 2023). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumentou un 8,6%, e as persoas con contrato temporal diminuíron un 19,6%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 15,7%.

Poboación parada

No segundo trimestre de 2023 en Galicia había 119.700 persoas en paro, 15.400 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,3 puntos e sitúase no 9,6%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2022, o número de parados e paradas diminúe en 19.700 persoas (un 14,1%) e a taxa de paro, a súa vez, decrece 1,6 puntos en termos interanuais.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 57.200 persoas (6.900 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 62.500 persoas (8.500 mulleres menos). Ambas as dúas taxas de paro, tanto a masculina como a feminina, diminuíron, situándose a primeira no 8,9% e a segunda no 10,3%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino baixa en 10.500 persoas (un 15,5% menos) e o volume de paradas diminúe en 9.200 persoas (un 12,8% menos que hai un ano).

Fogares

No segundo trimestre de 2023, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 9.500 unidades e sitúase en 47.700 fogares. Respecto ao segundo trimestre de 2022, esta tipoloxía de fogares diminúe un 9,1%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 12.400 unidades. O número de fogares nesta situación é de 652.900. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 16.300 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 2,6% en termos relativos.

Poboación xuvenil

Dos 325.700 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 128.600 (o 39,5%) están ocupados/as, 28.200 (o 8,7%) parados/as e os 169.000 (o 51,9%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 39,5% no segundo trimestre de 2023. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 2,3 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2022 aumenta 3,4 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 18% neste trimestre; diminúe 1,4 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co segundo trimestre de 2022, diminúe 5,7 puntos.

No segundo trimestre de 2023, o 74,1% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao primeiro trimestre de 2023, a cifra de ocupados a xornada completa sobe un 7,9%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial tamén aumenta neste trimestre; en concreto, sobe en 1.100 persoas. Con respecto ao segundo trimestre de 2022, aumenta tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 8.100 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 4.600 persoas).

Dos 118.100 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 63,5% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido aumenta un 12,6% respecto ao trimestre anterior; aumenta tamén, neste caso un 43,4%, respecto ao mesmo trimestre de 2022. O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal diminúe un 2,5% respecto ao trimestre pasado, e diminúe un 20,2% respecto ao segundo trimestre de 2022.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 36,5%.

Grandes concellos

Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Santiago de Compostela son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (53,9% e 53,6% respectivamente) no segundo trimestre de 2023. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (35,4%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Ourense é o concello de entre os sete grandes con menor valor (9%) e Ferrol o que presenta a taxa de paro máis elevada (16,1%).


Ourense:

Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), o segundo trimestre disparou o número de ocupados en Ourense en 6.600 persoas e devolve ao mercado laboral á época precrisis.

Ourense pechou xuño cunha taxa do 9,05% de parados, moi inferior ao  11,4% do primeiro trimestre e ao 10,84% rexistrado hai xusto un ano.  

No último trimestre, descenderon en 2.700 as persoas sen emprego en Ourense e no último ano caeron en 2.400. En total, hai 11.900 ourensáns que seguen buscando emprego, fronte aos 14.600 que había ao peche do primeiro trimestre do ano e os 14.300 de hai 12 meses. 

A cifra de ocupados  neste trimestre foi de 119.800 ocupados, 6.600 máis que no trimestre anterior -a maior subida intertrimestral desde que hai rexistros- e 2.700 máis que hai un ano. 

Por sectores, os servizos, coa chegada do verán, tiran con forza do emprego, que aglutina un total de 87.200 ocupados (+1.100 no último ano), mentres a industria (17.400, +700) e a agricultura (6.500, +1.000) tamén crecen. A construción, por contra, queda con 8.700 traballadores (-500 respecto a 2022)

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)