lunes, 10 de julio de 2023

Eleccións 23X: Alfonso Rueda: “Galicia vai ser un piar fundamental na vitoria de Alberto Núñez Feijóo”

Onte no mitin central de campaña na Praza de Touros de Pontevedra e ante unha audiencia de 12.000 persoas, o presidente do PPdeG  Alfonso Rueda amosouse convencido de que “Galicia vai ser un piar fundamental na victoria de Alberto Núñez Feijóo” o próximo 23 de xullo e, dirixíndose directamente ao presidente nacional, asegurou : “En 2009 chegou o momento por primeira vez e agora, no 2023, é o teu momento”

 

  “Para facer algo tan grande, hai que ser un partido moi grande”, remarcou ante unha audiencia de 12.000 persoas chegadas de toda Galicia: “A xente sempre espera moito máis de nós que doutros partidos e é unha responsabilidade que cumprimos con gusto, respondendo”

 

 Rueda definiu a Praza de Touros pontevedresa como o gran símbolo das vitorias do PP: “Aquí empezou todo en 2009, o ano do cambio. E os seguintes foron os anos da confirmación”

 

“É o momento de exportar o noso sentidiño ao resto de España, de facer política á galega e de dicir basta a cinco anos de desprezo a Galicia por parte de quen se cre que, castigando aos galegos, castiga a Feijóo”, remarcou

 

  O líder dos populares galegos retou “a quen dubide do que pode facer Feijóo por España” a que mire o que fixo en Galicia: “Fíxoo aquí e volverá facelo”

 

 Neste sentido reivindicou a redución do gasto político “para dedicalo a investimentos nas persoas”, as baixadas de impostos “que aforraron aos galegos máis de 1.500 millóns de euros”, a redución do paro, a gratuidade das escolas infantís e moitas outras medidas en materia de igualdade, conciliación, e educación e loita contra o cambio climático

 

  “Que Feijóo o fixese tan ben cando estaba aquí é a mellor garantía de que volverá facelo ben dentro de dúas semanas, cando a partir do 23 de xullo sexa presidente do Goberno de España”, explicou

 

●  Rueda pediu a Feijóo que sexa “un presidente xusto co que nos corresponde” e “consciente de todo o que se nos está a negar”, citando acto seguido o atraso na xestión dos fondos europeos, os incumprimentos dos prazos na reparación do viaduto da A-6 e na chegada dos trens Avril ou a falta de aposta polo Corredor Atlántico

 

   Detívose especialmente nos “disparatados” ataques do Goberno central á nova Lei do litoral de Galicia equiparándoa a unha declaración de independencia: “Non imos permitir que nos dean leccións eles e os seus socios cando o único que queremos é xestionar o noso litoral, que as industrias poidan seguir xerando riqueza, que a xente poida seguir vivindo onde viviu sempre e, ao mesmo tempo, respectar o medio ambiente”


    “Nós non imos facer como un PSdG que é unha sucursal da Moncloa en Galicia e só serve para dicirlle amén a todo e tapar as súas vergoñas a Pedro Sánchez. A nós non nos vai facer falta porque Feijóo non vai ter vergoñas que tapar na súa xestión”, subliñou.

 

  Na mesma liña, ironizou con que o BNG “foi o único partido que non foi capaz de sacar nada” a Pedro Sánchez e que o seu único deputado no Congreso só serviu para “apoiar a investidura a cambio de nada”

 

 “Despois de cinco anos de sanchismo, é o momento de quen nos coñece, de quen nos quere, de quen nos aprecia e de quen se vai deixar a pel por Galicia. É o momento de Alberto Núñez Feijóo”, concluíu.