Acudo esta mañá con outros compañeiros do Partido Popular á parroquia de Faramontaos, no concello da Merca, para ter un acto de recordo de Miguel Ángel Blanco, o concelleiro do Partido Popular de Ermua que foi asasinado vilmente por ETA hai 26 anos.
En presenza dos seus tíos, o alcalde A Merca depositou un ramo de flores coas bandeiras galega e española ao pé da tumba do cemiterio onde repousan os seus restos.