Os candidatos populares amosan o seu “máximo compromiso” cos proxectos de infraestruturas e transporte ferroviario de Ourense
· Os candidatos ourensáns do PP ao Congreso e ao Senado visitaron hoxe a estación de alta velocidade de Ourense denunciando os catro anos de retrasos do goberno de Sánchez en licitar as obras pendentes nesa terminal
· Denunciaron o maltrato socialista a Galicia polos retrasos de máis de dous anos na circulación dos trenes Avril
· Consideran necesarios
máis e mellores servizos ferroviarios con prezos asequibles, puntuais e
horarios axeitados a demanda
Na súa intervención, Celso Delgado transmitiu, en nome do Partido Popular, as condolencias polo tráxico accidente ferroviaria acaecido onte na provincia de Lugo.
A convocatoria dos populares centrouse en tres temas de relevancia para os ourensáns como son: o retraso na execución das obras desta terminal, o retraso na chegada dos trens Avril, así como da necesaria mellora do funcionamento dos servizos ferroviarios de media distancia.
Celso Delgado reivindicou que, aínda que a chegada da Alta Velocidade a esta cidade foi un gran esforzo colectivo e unha gran obra de Estado, a realidade é que “cando os viaxeiros chegan a esta terminal atopan unha estación como a de antes, practicamente, porque aquí as carencias son monumentais como son a falta de cubertas para protexerse das inclemencias meteorolóxicas, falta de escaleiras mecánicas para comunicarse entre os andéns, non existe unha sala de embarque de viaxeiros e controis con espazo suficiente, falta a pasarela peonil que comunique esta estación co barrio do Vinteún, entre outras infraestruturas que deberían estar en obras e que non están pola desidia de Pedro Sánchez. Por elo, desde o Partido Popular “asumimos o compromiso de impulsar e dinamizar estas obras”, comprometeu Celso Delgado.
Por outra lado, a chegada dos trens Avril que permitirían que cidades galegas que hoxe non están a beneficiarse da Alta Velocidade, resultan imprescindibles que chegasen porque “duplican a oferta de prazas porque aquí hai moitos viaxeiros que diariamente quedan sen prazas de tren de Alta Velocidade como consecuencia da escaseza da oferta”. “Estes trens, contratados na etapa de goberno do Partido Popular no 2016, foron anunciando a súa chegada recurrentemente desde entón, pero a realidade e que falan de que chegarán en novembro do ano 2023”, salientou Celso Delgado, quen cualificou de “insultante” esta situación.
Por último, Celso Delgado falou doutro tema que afecta ao conxunto de toda a poboación galega como é o funcionamento dos servizos ferroviarios de media distancia, “onde os retrasos son absolutamente frecuentes e non hai maneira de que os trens cumpran o seu horario. Unha situación que prexudica constantemente a conciliación laboral e familiar dos numerosos viaxeiros”. Por elo, os populares asumiron o compromiso de “que se preste un servizo máis eficiente por parte de RENFE con horarios axeitados ás situacións dos cidadáns, con máis frecuencias, cun sistema de abonos realmente potente e axeitado á realidade, e cuns prezos, na medida do posible, asequibles para atender o transporte público do presente”.
1- Catro anos de atraso do MITMA
e de Adif Alta Velocidade na licitación das tan necesarias obras de ampliación
e remodelación da nova estación intermodal de alta velocidade de Ourense.
As obras de ampliación e remodelación da estación
intermodal de Ourense deberían ser licitadas en xullo de 2019, pero esa data
oficial dada por ADIF-AV e outras posteriores comprometidas polo goberno de
Sánchez foron deliberadamente incumpridas (decembro de 2021, primeiro semestre
de 2022, finais de 2022…). Finalmente en plena campaña electoral das pasadas
eleccións municipais foron licitadas con case catro anos de atraso por importe
de 130,2 millóns de euros e fixando un prazo de execución desmesurado de
setenta e tres meses.
O certo é que todas as carencias da estación de
Ourense terían que estar en vía de solución se ADIF-AV houbera licitado en
prazo as moi necesarias obras pendentes na estación intermodal de alta
velocidade e que están recollidas no estudo informativo aprobado e
comprometidas en firme no Convenio asinado o 22 de xuño de 2016 entre o
Ministerio de Fomento, Adif, Xunta e Concello de Ourense. Administracións todas
baixo responsabilidade do Partido Popular. Resulta paradoxal que a cidade
galega que recibiu primeiro a alta velocidade, en decembro de 2021, será a
última en ter unha estación intermodal de alta velocidade modernizada e
reformada. Vigo ten a súa estación concluída e en Santiago están a finalizar as
obras.
2- Maltrato a Galicia polos
retrasos na circulación dos novos trenes Avril de moi alta velocidade.
Lembraron que todas as datas que Goberno de Pedro Sánchez deu sobre a data
de entrega a Renfe dos trenes Avril, con pleno coñecemento do día de inicio da
fabricación dos trens (2016), foron sistematicamente incumpridas: primeiro
desde o Mitma dixeron xuño de 2020; despois, principios do ano 2021; máis
adiante, a finais de 2021, coa escusa do estado de alarma.
O 26 de xaneiro de 2022 os deputados do PP preguntamos sobre a data de 2022
que tiña previsto Renfe para que os trens Avril circulasen pola liña de alta
velocidade Madrid-Galicia.
A resposta escrita do Goberno chegou o 2 de marzo de 2022 e dicía
literalmente: “Infórmase que se a empresa fabricante cumpre, os trens estarán
en servizo no verán”
Como se viu ese prazo do verán de 2022 ofrecido
pola ministra Raquél Sánchez, foi novamente incumprido. Logo dixeron no
primeiro trimestre de 2023 e incumopliron e agora en maio deste ano Talgo
difundiu unha nota de prensa informado que “porá a disposición de Renfe no mes
de novembro as primeiras unidades do tren de moi alta velocidade Talgo Avril,
listas para su operación comercial.” En definitiva, un abuso enorme.
Estos trens de ancho variable deberían estar xa operando na LAV Madrid-Galicia co conseguinte incremento das prazas ofertadas xa que os Avril teñen o dobre de prazas que os Alvia ou os AVE que hoxe conectan Galicia con Madrid polo que se eses convois estiveran operativos, aínda mantendo a oferta actual, permitirían incrementar nun 65% o número de prazas dispoñibles. Ademáis impactaría no abaratamento dos billetes e a mellora dos tempos de viaxe co resto das cidades galegas que aínda non están disfrutando na sua plenitude os beneficios da alta velocidade.
3- Déficit dos servizos ferroviarios.
É un feito que nestes dous últimos anos aumentou o descontento dos usuarios dos servizos ferroviarios operados por RENFE en Galicia, que se deriva principalmente dos atrasos recorrentes dos trens de Media Distancia, que operan na Comunidade, especialmente nos trens que circulan os venres e domingos pola tarde e os luns pola mañá, días en que os desprazamentos de estudantes e traballadores son masivos.
Non hai máis que estar atentos ás queixas que diariamente trasladan as plataformas de usuarios e os medios de comunicación. Chegan tarde aos seus centros de traballo en empresas ou administracións, aos seus centros de formación, ás citas médicas, en definitiva, aos seus compromisos. Todos podemos entender a existencia de atrasos puntuais pero non é admisible que para RENFE convertéronse en atrasos programados e inevitables.
É evidente que a problemática é diversa, afecta o número de servizos que se ofrecen por RENFE que non se consideran suficientes en certos días e en determinadas franxas horarias. Consideramos que os usuarios non teñen a obrigación de aceptar estes atrasos xa que eles pagan uns billetes para un servizo cun horario dá saída e de chegada que debe cumprirse e RENFE está obrigada a cumprir. A Operadora, debe reaccionar e buscar solucións de inmediato. Non cabe apelar á resignación do usuario.
Os candidatos incidiron na necesidade de manter os servizos ferroviarios, incrementalos e adaptalos ás necesidades reais dos usuarios para garantir que sexan eficientes e competitivos e unha alternativa complementaria a outros modos de transporte.
Consideran imprescindible atender a demanda cuns prezos asequibles, abonos flexibles para usuarios recurrentes de media distancia.
Para que os servizos de tren sexan atractivos para os usuarios deben garantir tempos de viaxe competitivos, altas frecuencias en horas punta, regularidade nos horarios e calidade e puntualidade no servizo.
É imprescindible reforzar o tren en hora punta, xa que este servizo atende, principalmente, a usuarios recorrentes cuxos desprazamentos están asociados ao traballo ou aos estudos e, polo tanto, son necesarios para permitir a conciliación familiar e garantir a igualdade de oportunidades.
Reclamaron unha aposta clara polos servizos de proximidade rexional, reforzando os servizos existentes e ofertando outros novos en estacións rurais que na actualidade están en situación de case semiabandono.
Salientaron que a continua mingua de opcións do uso do tren, ben por escaseza de frecuencias ou por horarios inaxeitados, levan á perda de viaxeiros e á degradación das estacións e das infraestruturas, dada a pouca rendibilidade pública dos investimentos necesarios".