O novo equipo queda integrado, en primeiro lugar,
polos membros da Xunta de Goberno:
• Presidencia e responsable de Cooperación: Luis
Menor Pérez
• Vicepresidencia 1ª, Facenda, Economía e Recursos
Humanos: Marta Nóvoa Iglesias
• Vicepresidencia 2ª, Cultura, Educación e
Deporte: César Manuel Fernández Gil
• Vicepresidencia 3ª, Administración provincial,
Transparencia, Emerxencias e Cooperación Transfronteiriza: Plácido
Álvarez Dobaño
• Políticas Sociais, Conciliación, Envellecemento
Activo e portavoz: Patricia Torres Madureira
• Presidencia do Inorde, Turismo, Termalismo e
representación institucional: Rosendo Fernández Fernández
• Medio Ambiente e Enerxía: José María Lago
Cabo
• Innovación, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e
Axenda 2030: Jorge Pumar
As delegacións especiais son as seguintes:
• Igualdade e Mocidade: Teresa Barge Bello
• Infraestruturas: Manuel Seoane Rodríguez
• Novas Tecnoloxías, Reto Demográfico e Dinamización
do Medio Rural: Xosé Miguel Pérez Blecua
• Delegación especial para Valdeorras: María
del Carmen González Quintela
Ao trámite de composición do novo goberno provincial
seguiralle a convocatoria do pleno de organización da Deputación, previsto para
o xoves 3 de agosto.
Renovación máis experiencia
Luis Menor destacou que o novo equipo de goberno
"mestura a renovación, tanto de áreas como de deputados delegados, xunto
coa experiencia de persoas cunha importante traxectoria na administración
provincial", engadindo que unha das principais características deste grupo
"é que a práctica totalidade dos seus membros son alcaldes".
Puxo en valor tamén a designación de Marta Nóvoa como
vicepresidenta primeira, "por ser a primeira muller que ocupa este posto
na historia da Deputación, pero tamén pola súa preparación profesional, polo
seu labor como parlamentaria e por ser unha das candidatas que obtivo un
significado apoio nas eleccións locais de maio para presidir o seu concello".
Tamén Patricia Torres será a primeira muller en ocupar
o posto de portavoz do grupo provincial de goberno, "cunha traxectoria
acreditada e un excelente traballo no seu concello, como alcaldesa de Boborás,
referendado polo apoio veciñal".
Nas tarefas de representación do grupo de goberno,
Torres estará acompañada polos vicepresidentes segundo e terceiro -César
Fernández e Plácido Álvarez-, que exercerán as funcións de portavoces adxuntos.
Entre as principais novidades do goberno figura
ademais a creación dunha delegación especial para Valdeorras da que se
encargará a alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González, "coa
intención de que teñamos axenda propia na comarca e incrementar a presenza da
Deputación neste territorio".
Cómpre recordar que Luis Menor, tal e como anunciou no
seu discurso de investidura, farase cargo "en primeira persoa" da
competencia da Cooperación.